Rodrigo Guedes de Carvalho

Modelo:BiografíaRodrigo Guedes de Carvalho
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Manuel Rocha Guedes de Carvalho, nado no Porto o 14 de novembro de 1963, é un xornalista e novelista portugués. Presenta o informativo Xornal da Noite emitido pola emisora portuguesa SIC.

Vida

Rodrigo Guedes de Carvalho naceu o 14 de novembro de 1963, no Porto. É fillo do médico Rodrigo Jorge Ferreira Guedes de Carvalho (10 de outubro de 1943) e da súa muller Laura Maria Lemos Carvalho Rocha (Matosinhos). É sobriño-neto do actor e encenador João Guedes e primo-sobriño da actriz Paula Guedes.

Na adolescencia xogou fútbol: nas tempadas de 1978/79 e 1979/80 xogou como medio ao servizo dos xuvenís do FC da Foz, e na tempada de 1980/81 xogou como medio nos xuvenís do Leixões SC.[1]

É Licenciado en Comunicación Social na Universidade Nova de Lisboa.

Casou primeira vez coa tamén xornalista Paula Moura Piñeiro, de quen se divorciou e de quen ten un fillo e unha filla, Rodrigo de Moura Piñeiro Guedes de Carvalho (1992) e Benedita de Moura Piñeiro Guedes de Carvalho (1994). Casou pola segunda vez o 17 de maio de 2008 coa tamén xornalista Teresa Dimas (22 de abril de 1969).

Carreira

Entrou para o centro de formación da RTP onde tivo como compañeiras nomes como Cândida Pito, Márcia Rodrigues e Margarida Pito Correia.[2] Profissionalizou-se na RTP onde comezou por traballar no deporte.[3] Nesa altura fixo unha pequena aparición na telenovela Palabras Cruzadas, na RTP, en 1986.[4]

En 1991 xorde o convite de Emídio Rangel para ir para a SIC que se iría tornar a primeira televisión privada en Portugal.[5]

En 1992 estreouse na escrita, coa novela Daqui a Nada, vencedor do Premio Novos Talentos da ONU .

En 1997 recibiu o Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Grandes Reportaxes e Documentais (FIGRA), en Francia, pola reportaxe de televisión A condição humana,, sobre urxencias hospitalares.

Escribe o argumento da curtametraxe O Ralo, de 1999, co-realizada polo seu irmán Tiago Guedes e por Frederico Serra. Continúa a colaborar co dúo no telefilme Alta Fidelidade da SIC. Escribe a peza de teatro Os pés no arame. A peza, encenada por Isabel Abreu, estreouse por primeira vez a 9 de maio de 2002, na sala polivalente do Hospital Júlio de Matos[6].

O libro Daqui a Nadaa foi reeditado pola Don Quixote, en 2005. Ese ano lanzou tamén o best-seller A Casa Quieta. Asinou o argumento da longametraxe Cousa Ruim, de Tiago Guedes e Frederico Serra, que mereceu honras de Abertura Oficial do Fantasporto 2006.

Lanza as novelas Mulher de Branco en 2006 e Canário en 2007. En 2010 recibiu o premio de mellor argumento, nos premios CinEuphoria,[7] para Entre os Dedos. Aparece nun pequeno papel, como Juíz, no telefilme Noite Sanguenta''.

En 2015 escribiu a letra e a música de Cansada, o himno da asociación APAV.[8] O poema sobre violencia doméstica foi cantado por Aldina Duarte, Ana Bacalhau, Cuca Roseta, Gisela João, Manuela Azevedo, Marta Hugon, Rita Redshoes e Selma Uamusse.

A peza Os pés no arame é representada en 2016.[9] En 2017, despois de 10 anos de pausa, regresa ás novelas coa edición do libro Pianista de Hotel.

En 2019 presentou o seu novo proxecto musical XAVE sendo o seu compositor e letrista coa voz de Isabelinha estreando os singles “se foi amor” e “outra vez” que pertencen ao primeiro álbum do grupo “Finalmente”. O videoclip de estrea dos XAVE foi gravado no Centro Cultural Alternativo de Oeiras.

É apresentador do Xornal da Noite, da SIC, de segunda feira a venres, con Clara de Sousa. Tamén escribiu crónicas nas revistas Máxima e TV Máis.

Obras

Ano de Publicación Título Editora Xénero Outras Informacións
1992 De aqui a Nada Contexto Novela 2ª ed. Saitedaqui - 2002 ; 3ª ed. Don Quixote - 2005
2002 Os Pés No Arame Saitedaqui Teatro
2005 A Casa Quieta Dom Quixote Novela
2006 Mulher en Branco Dom Quixote Novela
2007 Canário Dom Quixote Novela
2017 Pianista de Hotel Domn Quixote Novela
2018 Jogos de Raiva Dom Quixote Novela
2020 Margarida Asombrada Dom Quixote Novela
2023 As Cinco Mães de Serafim Dom Quixote Novela

Notas

  1. "ForaDeJogo.net - Rodrigo (Rodrigo Manuel Rocha Guedes de Carvalho)". ForaDeJogo. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-15. 
  2. "A escrever materializo os meus medos e os meus ódios”". Jornal Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-15. 
  3. http://www.dn.pt/revistas/ntv/interior/o-pivo-durao-que-e-um-coracao-mole-3457084.html
  4. "Rodrigo Guedes de Carvalho". IMDb. Consultado o 2020-07-15. 
  5. "A escrever materializo os meus medos e os meus ódios”". Jornal Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-15. 
  6. "Novas escritas. Rodrigo Guedes". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. 
  7. "Rodrigo Guedes de Carvalho". IMDb. Consultado o 2020-07-15. 
  8. ""Cansada", o novo hino contra a violência doméstica escrito por Rodrigo Guedes de Carvalho". Jornal Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-15. 
  9. "OS PÉS NO ARAME e-cultura". www.e-cultura.pt. Consultado o 2020-07-15.