Rodolfo Ares
Rodolfo Ares Taboada, nado en Pena do Souto (O Navallo, Riós)[1] o 25 de xuño de 1954 e finado en Bilbao[2] o 26 de xaneiro de 2023, foi un político vasco de orixe galega. TraxectoriaViviu en Bilbao desde neno (barrio de Otxarkoaga), onde emigrou a súa familia. Estudou mestría industrial. En Bilbao entrou na UXT e o PSOE en 1977 e na que foi concelleiro entre 1983 e 1990. Dende 1994 foi deputado no Parlamento Vasco, foi tamén voceiro do grupo dos socialistas vascos (2000-2005). Foi un dos participantes na delegación do PSE nas conversas, no Mosteiro de Loiola, entre EAJ-PNV, PSE-EE e Batasuna), durante o cesamento do fogo de ETA de 2006, facendo equipo de negociación co presidente da sección de éuscaro do PSOE, Jesús Eguiguren.[Cómpre referencia] Máis tarde, durante o período inmediatamente anterior ás eleccións municipais e provinciais, formou parte da delegación que se reuniu en Xenebra, in extremis, coas delegacións de ETA e Batasuna, coa axuda de observadores internacionais (o goberno suízo, Fundación Henry Dunant, os gobernos británicos e noruegués, e o Sinn Féin, entre outros). Ambos os procesos resultaron infrutuosos, resumidos na creba formal da tregua de ETA o 14 de xuño de 2007, co atentado na terminal 4 no Aeroporto de Madrid-Barajas, que ocasionou dúas vítimas mortais.[Cómpre referencia] No VIII Congreso do PSE-EE, celebrado en 2014, deixou a secretaría de Organización e as responsabilidades políticas na primeira fila. Continuou porén vencellado ao partido, participou nas negociacións iniciais de formación de goberno de Pedro Sánchez, e nos comités electorais de 2019, mais abandonou finalmente o Parlamento Vasco e xubilouse da política. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|