Javier Balza Aguilera, nado en Bilbao en 1957, é un avogado e político do País Vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, accedeu a unha praza de letrado do Goberno Vasco en 1981, sendo o seu primeiro destino a dirección de Desenvolvemento Lexislativo. Ocupou distintos postos de responsabilidade de segundo e terceiro nivel no Goberno Vasco, destacando o de Viceconselleiro de Réxime Xurídico e Desenvolvemento Autonómico. Destacou por ser un dos máis influentes nas negociacións co Goberno de España na década de 1990 para chegar a un acordo sobre as transferencias competenciais pendentes. O 7 de xaneiro de 1999 foi nomeado Conselleiro de Interior do Goberno Vasco co lehendakari Juan José Ibarretxe, substituíndo a Juan María Atutxa, cargo que mantivo durante 10 anos até a vitoria do socialista vasco, Patxi López, que o substituíu por Rodolfo Ares.
Tras o seu paso pola política, regresou ao seu posto na administración vasca, ata que en 2009 pasou á empresa privada como avogado no grupo Guevara Avogados, dirixido polo tamén exconselleiro Juan Ramón Guevara.
Véxase tamén
Ligazóns externas