Riesen Ludwigsburg
|
|
Información xeral
|
Liga
|
BBL
|
Fundación
|
1960
|
Historia
|
DJK Ludiwgsburg (1960–1970) SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987) BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
|
Cores
|
Amarelo, negro
|
Presidente
|
Alexander Reil
|
Adestrador
|
John Patrick
|
Patrocinador
|
MHP
|
Localización
|
Cidade
|
Ludwigsburg, Alemaña
|
Pavillón
|
MHPArena
|
Capacidade
|
5 325
|
Inauguración
|
1 de outubro de 2009
|
mhp-riesen-ludwigsburg.de
|
O Riesen Ludwigsburg (do alemán: Xigantes de Ludwigsburg), coñecido por motivos de patrocinio como MHP Riesen Ludwigsburg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ludwigsburg, Saxonia. Fundado en 1960, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no MHPArena, pavillón con capacidade para 5 325 espectadores.[1]
Historia
O Riesen Ludwigsburg foi fundado en 1960 como a sección de baloncesto do club polideportivo DJK Ludwigsburg. Na temporada 1979–80, o equipo ascendeu por vez primeira á máxima categoría, a Basketball Bundesliga. Entre 1970 e 1987, o club foi coñecido como SpVgg 07, xa que formaba parte do club polideportivo SpVgg Ludwigsburg. En 1987, o equipo separouse de SpVgg e pasou a chamarse BSG Basket Ludwigsburg. En 2008, o Ludwigsburg chegou á final da Copa de Alemaña por primeira vez, mais perdeu contra os Artland Dragons por 60-74.
Na temporada 2016–17, o Ludwigsburg participou na temporada inaugural da Basketball Champions League (BCL), onde foi eliminado por tan só no conxunto da eliminatoria dos cuartos de final polo Banvit turco. Esta campaña marcou a mellor actuación europea do equipo na súa historia, xa que era a primeira vez que chegaban aos play-offs dunha competición europea. Na temporada 2017-18, o Ludwigsburg mellorou esa actuación ao chegaren á Final Four da BCL. O equipo conseguira eliminar ao Oldenburg en oitavos de final (162−149) e ao medi Bayreuth en cuartos (170−163).[2] Con todo, o Ludwigsburg perdeu en semifinais contra o AS Monaco por 65−87. No xogo polo terceiro posto o equipo perdeu por 74−85 ante o UCAM Murcia. O 19 de xullo de 2019, David McCray, que estaba no club desde 2015, anunciou a súa retirada, sendo o seu número 4 o primeiro dorsal retirado na historia do club.[3] A temporada 2019-20 alterouse debido á pandemia de COVID-19 e, nun torneo final a porta pechada en Múnic, o Luwdigsburg alcanzou a súa primeira final da liga alemá, aínda que perderon ante o Alba Berlin en dous partidos.
Patrocinadores
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- DJK Ludwigsburg (1960–1970)
- SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987)
- BG Ludwigsburg (1987)
- BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
- EnBW Ludwigsburg (2012)
- Neckar Riesen Ludwigsburg (2012–2014)
- MHP Riesen Ludwigsburg (2014–presente)
Temporadas
Xogadores
Destacados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas