A Rexión de Mahilioŭ (en belaruso Магілёўская вобласць , "Mahilioŭskaja voblasć" ) é unha rexión de Belarús , con capital na cidade de Mahilioŭ .
Tanto a rexión de Mahilioŭ como a de Homieĺ sufriron severamente a catástrofe nuclear de Chernóbil de abril de 1986 .
As cidades máis importantes da rexión son Mahilioŭ, Asipovičy e Babrujsk .
Historia
Reprodución do escudo do voivodato de Mscislavas .
No século XII xurdiu o principado de Mscislavas (tamén Mstsislaw). Xa no século XIII aparece a primeira mención á cidade de Mahilioŭ.
En 1566 a cidade formaba parte do voivodato de Mscislavas , parte do Gran Ducado de Lituania , parte constituínte da República das Dúas Nacións .
Posteriormente, en 1772 , a rexión pasou a ser unha gobernación do Imperio Ruso , a gobernación de Mogilev .
Entre 1863 e 1864 tivo lugar o alzamento de xaneiro liderado por Konstanty Kalinowski , que alcanzou tamén á gobernación de Mogilev.
O 1 de xaneiro de 1919 foi creado o distrito de Mahilioŭ na República Socialista Soviética de Belarús , e o 15 de xaneiro de 1938 foi creada a rexión en dito país.
Coa independencia de Belarús en 1990 a rexión mantivo os mesmos límites xeográficos.
Xeografía
A rexión de Mahilioŭ ten unha área total de 29.100 km²,[ 1] arredor do 14% da superficie do país.
A rexión está atravesada por numerosos ríos, entre eles o Dniapro , Biarezina , Sož , Druć e o Pcič .
Clima
A rexión ten un clima temperado continental . A rexión ten invernos non especialmente severos, e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro varía entre os -8,2 °C ao nordeste e os -6,5 °C ao suroeste. A temperatura media en xullo varía entre os 17,8 °C ao nordeste e os 18,7 °C ao suroeste.
Divisións administrativas
A rexión está composta por 21 distritos (raions ) , 195 selsovets , 14 vilas, 3 municipalidades e 12 núcleos urbanos .
Distritos da rexión de Mahilioŭ
Mapa das divisións administrativas da rexión.
Os 21 distritos da rexión de Mahilioŭ son os seguintes:
Demografía
A rexión tiña en 2009 unha poboación total de 1.099.374 habitantes, dos que 975.147 eran belarusos , 86.256 rusos , 13.110 ucraínos , 1.773 polacos e 1.461 xudeus , ademais doutros grupos étnicos:
Evolución da poboación da rexión de Mahilioŭ por grupo étnico [ 2] (Só se inclúen os grupos cunha poboación maior de 500 habitantes)
Grupo
1959
1970
1979
1989
1999
2009
Belarusos
1.033.760
1.050.359
1.050.901
1.051.885
1.044.249
975.147
Rusos
90.398
120.504
138.643
166.007
132.075
86.256
Ucraínos
16.404
21.407
23.798
29.394
21.132
13.110
Polacos
3.643
3.145
3.649
3.661
2.798
1.773
Xudeus
28.445
25.807
23.135
18.480
3.530
1.461
Armenios
...
288
258
404
1.171
937
Xitanos
...
1.001
1.268
1.386
1.079
730
Azerís
...
139
334
860
926
596
Total
1.176.556
1.226.859
1.246.833
1.279.797
1.213.521
1.099.374
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Rexión-Cidade capital Rexións