O Óblast de Dnipropetrovsk (en ucraíno: Дніпропетровська область, Dnipropetrovs’ka oblast’) é unha provincia sitúada no sueste da Ucraína. A súa capital é a cidade de Dnipropetrovsk, outras cidades importantes son Kriví Rih, Dniprodzerzhynsk e Nikopol.
Demografía
A súa poboación en 2015 rexistraba os 3.289.481 habitantes, segundo o Censo Popular da Ucraína de 2001 o 79'3 da poboación considérase de etnia ucraína e o 17,6% de etnia rusa. Para o 67% da poboación a lingua materna é o ucraíno e para o 32% o ruso. Aínda que o ucraíno ten estatuto oficial, na vida cotiá nas cidades predomina o ruso.
A rexión e moi importante economicamente. Aquí fican os centros principais da siderurxia ucraína. Tamén hai fábricas importantes de maquinaria e industria química.