O Óblast de Cherkasy (en ucraínoЧеркаська область) é un óblast (provincia) de Ucraína central, situado ao longo do río Dnieper. A súa capital administrativa é Cherkasy.
A economía do óblast de Cherkasy está en gran parte dominada pola agricultura. Mentres o trigo e as remolachas de azucre son os principais produtos, a cebada, o millo, o tabaco e o cánabo son tamén cultivados.
A industria está principalmente concentrada en Cherkasy, a capital do óblast e a cidade máis grande.
Organización administrativa
O óblast de Cherkasy está dividido en 20 raions (distritos). Hai un total de 25 cidades, 34 vilas e 838 aldeas.
Os datos seguintes incorporan a cantidade de cada tipo de divisións administrativas do óblast de Cherkasy: