A Rexión de Karlsruhe (en alemán: Regierungsbezirk Karlsruhe) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao noroeste do estado. A súa capital é a cidade de Karlsruhe.
Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Mittlerer Oberrhein, Unterer Neckar e Nordschwarzwald.
Ten unha área de 6919,17 km² e unha poboación de 2.738.866 habitantes (2008).
Xeografía
A rexión de Karlsruhe atópase ao noroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Nordbaden.
Limita ao sur coa Rexión de Friburgo, ao oeste con Renania-Palatinado, ao norte con Hesse e ao leste coa Rexión de Stuttgart. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973.
Política
Os presidentes da rexión de Karlsruhe, dende 1975, foron:
Véxase tamén
Ligazóns externas