A Baixa Baviera (en alemán Niederbayern) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]
Estñá situada ao leste do Estado libre. Limita ao norte co Alto Palatinado, ao nordeste coa República Checa, ao sueste con Austria e ao suroeste coa Alta Baviera.
O termo Niederbayern foi mencionado por primeira vez en 1255.
A súa capital administrativa é Landshut,[2] e as cidades máis importantes deste territorio son, ademais da capital, Passau e Straubing.
División administrativa
A rexión da Baixa Baviera está composta por tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e nove distritos rurais (Landkreise).
Cidades-distrito
- Landshut
- Passau
- Straubing
Distritos rurais
- Deggendorf
- Dingolfing-Landau
- Freyung-Grafenau
- Kelheim
- Landshut
- Passau
- Regen
- Rottal-Inn
- Straubing-Bogen
Cidades importantes
Notas