República Checa nos Xogos Olímpicos

República Checa nos Xogos Olímpicos

Código COI CZE
Comité nacional Comité Olímpico Checo
www.olympic.cz (en checo)
Medalleiro
Ouro
32
Prata
33
Bronce
41
Total
106

A República Checa participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos como unha nación independente en 1994, e competiu en cada edición dos Xogos de Verán e Inverno dende entón. Antes da disolución de Checoslovaquia en 1993, os atletas checos competiron nas Olimpíadas dende 1920 a 1992 como Checoslovaquia, e dende 1900 a 1912 como Bohemia.

Os deportistas da República Checa gañaron un total de 72 medallas nos Xogos de Verán, sendo piragüismo, atletismo e tiro os deportes que máis medallas reportaron ao país. Tamén gañaron 34 medallas nos Xogos de Inverno, a maioría en esquí de fondo, patinaxe de velocidade e o popular hóckey sobre xeo.

O Comité Olímpico Nacional da República Checa é o Comité Olímpico Checo, que foi fundado en 1899 e recoñecido na súa forma actual polo Comité Olímpico Internacional en 1993.

Táboas coas medallas

Medallas nos Xogos de Verán

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1900–1912 como Bohemia Bohemia
1920–1992 como parte de Checoslovaquia Checoslovaquia
Atlanta 1996 115 4 3 4 11 17
Australia Sydney 2000 119 2 3 3 8 28
Grecia Atenas 2004 142 1 3 5 9 42
República Popular da China Pequín 2008 134 3 3 1 7 24
Londres 2012 133 4 3 4 11 19
Río de Xaneiro 2016 105 1 2 7 10 43
Xapón Toquio 2020 115 4 4 3 11 18
Francia París 2024 111 3 0 2 5 28
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total 22 22 28 72 44

Medallas nos Xogos de Inverno

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1924–1992 como parte de Checoslovaquia Checoslovaquia
Lillehammer 1994 65 0 0 0 0
Xapón Nagano 1998 61 1 1 1 3 14
Salt Lake City 2002 76 1 2 0 3 16
Italia Turín 2006 84 1 2 1 4 15
Vancouver 2010 92 2 0 4 6 14
Sochi 2014 88 2 4 2 8 15
Pyeongchang 2018 94 2 2 3 7 14
República Popular da China Pequín 2022 114 1 0 1 2 21
Italia Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 10 11 13 34 20

Medallas por deporte

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Piragüismo 6 6 6 18
Atletismo 5 3 7 15
Tiro 3 4 4 11
Tenis 2 3 4 9
Judo 2 0 0 2
Remo 1 3 1 5
Ciclismo 1 1 0 2
Péntatlon moderno 1 0 1 2
Boxeo 0 1 0 1
Vela 0 1 0 1
Esgrima 0 0 2 2
Tríatlon 0 0 1 1
Loita 0 0 1 1
Total 21 22 27 70
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Patinaxe de velocidade 3 2 3 8
Snowboard 3 0 1 4
Esquí de fondo 1 5 3 9
Esquí alpino 1 0 1 2
Hóckey sobre xeo 1 0 1 2
Esquí acrobático 1 0 0 1
Bíatlon 0 4 4 8
Total 10 11 13 34

Véxase tamén

Ligazóns externas