Equipo Mixto nos Xogos Olímpicos

Os deportistas François Brandt (esquerda), Roelof Klein (dereita) xunto cun neno francés descoñecido, nos Xogos Olímpicos de 1900.

Nas primeiras edicións dos Xogos Olímpicos modernos permitiuse que nun mesmo equipo participasen individuos orixinarios de nacións diferentes. O Comité Olímpico Internacional (COI) agrupou os seus resultados xuntos baixo a denominación de Equipo Mixto (co código COI: ZZX).

Un total de 17 medallas foron gañadas por equipos mixtos nos primeiros tres Xogos modernos, dende 1896 a 1904.

Táboas coas medallas

Medallas nos Xogos de Verán

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Reino de Grecia Atenas 1896 6 1 1 1 3 5
Francia París 1900 38 6 3 3 12 4
St. Louis 1904 8 1 1 0 2 6
Total 8 5 4 17 52

Medallas por deporte

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Vela 2 0 0 2
Tenis 1 3 3 7
Polo 1 1 1 3
Atletismo 1 1 0 2
Esgrima 1 0 0 1
Remo 1 0 0 1
Tiro de corda 1 0 0 1
Total 8 5 4 17

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas