Reggie Williams
Reginald Leon "Reggie" Williams II, nado o 14 de setembro de 1986 en Prince George, Virxinia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA). Traxectoria profesionalTras graduarse no Virginia Military Institute, Williams asinou co JDA Dijon Basket francés. Tras xogar en Francia, xogou na NBA Development League, onde foi elixido no Draft polos Sioux Falls Skyforce. Acadou 26 puntos e 5.7 rebotes por partido cos Skyforce antes de asinar un contrato de dez días cos Golden State Warriors, o 2 de marzo de 2010.[1] O 12 de marzo de 2010, asinou outro contrato de dez días cos Warriors,[2] e máis tarde, o 22 de marzo, os Warriors ficharon a Williams para o resto da tempada.[3] O 21 de xuño de 2011, Williams asinou unha oferta feita polos Warriors para converterse en axente libre restrinxido.[4] Tras o anuncio do lockout da NBA de 2011, o 23 de agosto de 2011 Williams asinou un contrato co Caja Laboral da Liga ACB.[5] O 11 de decembro de 2011, os Warriors rescindiron a oferta que lle fixeran a Williams para poder facerlle unha oferta ó pivote dos Los Angeles Clippers DeAndre Jordan, facendo a Williams axente libre non restrinxido.[6] O 15 de decembro de 2011, Williams asinou un acordo por dous anos e 5 millóns de dólares cos Charlotte Bobcats.[7] O 19 de xullo de 2013, asinou un contrato multianual cos Houston Rockets.[8] Porén, foi cortado polos Rockets o 28 de outubro de 2013.[9] O 28 de xaneiro de 2015, Williams asinou un contrato de dez días cos San Antonio Spurs.[10] O 8 de febreiro, asinou un segundo contrato dez días,[11] e o 20 de febreiro de 2015, asinou cos Spurs para o resto da tempada.[12] Notas
Véxase taménLigazóns externas
|