Filla do xornalista e escritor galego Abdón Rodríguez Santos, emigrado na Habana, e da cubana Marina López Rosabal. Viviu os seus primeiros anos en Porto Rico e Venezuela. Retornou Madrid coa familia en 1921. Fixo os estudos secundarios no Instituto-Escuela, ao tempo que recibiu clases de canto, danza e dicción. Ao rematar comenzou a estudar Medicina, pero abandonou a carreira para dedicarse plenamente ao teatro.
Considerada como unha das actrices máis importantes da época da República, debutou no cine en 1932 con Carceleras, de José Buchs, primeira película falada en España, que se estreou no cine Opera de Madrid o 10 de outubro de 1932.
En novembro de 1995 recibiu unha homenaxe durante os actos de celebración do centenario do cine español.
En 1996 recibiu a medalla de ouro da Academia pola súa traxectoria artística.
Véxase tamén
Bibliografía
Aguilar, Carlos; Genover, Jaume (1996). Las Estrellas de nuestro cine : 500 biofilmografías de intérpretes españoles. Madrid: Alianza. p. 552. ISBN8420694738.