Abdón Rodríguez Santos , nado en Ourense o 16 de xullo de 1885 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 1971 , foi un xornalista e escritor galego .
Traxectoria
Paisajes mentales , 1928.
Fillo de José María Rodríguez Iglesias. Fixo os estudos primarios no Colexio San José de Calasanz que rexentaba Pío Ramón Ojea . Cursou a carreira eclesiástica que máis tarde abandonou. Marchou a Cuba e dedicouse ao comercio, a ensinanza e o xornalismo. Co seu irmán Luís publicaron por entregas en Diario de la Marina a novela curta Los harapos del lujo en 1907.[ 1] Foi membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega , da que foi vicesecretario en 1911.[ 2] Colaborou en Labor Gallega e nas revistas editadas na Habana Galicia , Suevia , Galicia Gráfica , La Patria Gallega , La Alborada , La Tierra Gallega , Eco de Galicia , Alma Gallega e Heraldo de Galicia . Retornou a España a mediados dos anos vinte e dedicouse aos seguros. Amigo e íntimo colaborador de Roberto Blanco Torres , viaxou con el a Marrocos en 1929 . A principios dos anos trinta instalouse en Madrid . Militou no Partido Republicano Federal .[ 3] Durante a guerra civil permaneceu en Madrid, traballando como axente de seguros e mestre. En setembro de 1939 foi acusado de derrotismo.[ 4] No franquismo traballou como inspector de seguros de La Mutua Franco Española,[ 5] e colaborou en La Región e El Progreso . Nos anos cincoenta instalouse ne Bilbao .[ 6] Finou en Madrid o 2 de xaneiro de 1971.[ 7]
Obra
Amor y Feminismo - Conferencia , 1916 .
Paisajes mentales , 2 tomos, 1928 e 1932 .
El hombre de la calle , 1934.
Vida persoal
Casou na Habana con Marina López Rosabal o 9 de febreiro de 1910,[ 8] coa que tivo tres fillos: Abdón, Raquel Rodrigo e Luis Manuel Rodríguez López. Marina faleceu en Madrid o 6 de setembro de 1979 .[ 9]
Notas
↑ Diario de la Marina , 3-9-1907, p. 10.
↑ Galicia , 11-7-1911, p. 7.
↑ El Liberal , 31-8-1930, p. 6.
↑ Expte. nº 39 instruido contra RODRIGUEZ SANTOS, Abdón por el delito/s de Derrotismo.
↑ La Región , 29-7-1941, p. 2.
↑ "Abdón Rodríguez Santos" por Ben-Cho-Shey, La Región , 26-7-1958, p. 3.
↑ La Región , 12-1-1971, p. 3.
↑ Galicia , 12-2-1910, p. 6.
↑ Necrolóxica en ABC
Véxase tamén
Bibliografía