Rape Me
"Rape Me" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como segundo sinxelo (como dobre cara-A xunto con "All Apologies") do seu terceiro álbum, In Utero. O sinxelo acadou o posto 32 na lista británica de sinxelos. Listaxe de canciónsTodos os temas compostos por Kurt Cobain.
Algunhas versións do sinxelo listan "Moist Vagina" como "MV". Outras versiónsUnha versión ao vivo de "Rape Me", gravada no programa Saturday Night Live o 25 de setembro de 1993, aparece no álbum recompilatorio Saturday Night Live: The Musical Performances, Volume 2 e no DVD Saturday Night Live: 25 Years of Music, Volume 4. Dúas versións do tema aparecen no box set do 2004 With the Lights Out: unha versión caseira acústica en solitario, e a vesión de estudio de 1992. Ámbalas dúas tamén están no recompilatorio do 2005 Sliver: The Best of the Box. Pode escoitarse a Frances Bean Cobain chorando ao fondo da versión demo de estudio. Outra versión ao vivo, gravada o 31 de outubro de 1991 no Paramount Theatre de Seattle, Washington, está no disco catro e no DVD da versión "Super Deluxe" da re-edición do Nevermind do ano 2011, e tamén no vídeo do mesmo ano Live at the Paramount. A canción foi renomeada como "Waif Me" no empaquetado para as tendas Wal-Mart e Kmart, que atopaban o seu título demasiado controvertido; a canción en si permaneceu sen cambios e tamén aparece co seu nome real no libreto. A versión de In Utero está incluída nos dous recompilatorios de grandes éxitos da banda, Nirvana (2002) e Icon (2010).
Information related to Rape Me |