"About a Girl" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana. O tema apareceu no álbum, Bleach, o seu traballo de estrea, e tamén no disco acústico MTV Unplugged in New York, versión que sería lanzada como único sinxelo comercial o 24 de outubro de 1994.
O sinxelo acadou o número 1 na lista da Billboard Modern Rock Tracks a finais de 1994. Unha edición de 5 000 copias numeradas foi publicada en Australia, ademais de 200 copias máis sen numerar para uso promocional. En Europa endeuse un sinxelo estándar con dúas cancións.
Listaxe de cancións
- "About a Girl" (Cobain)
- "Something in the Way" (Cobain)
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Álbums en vivo | |
---|
EPs | |
---|
Videos | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Box sets | |
---|
Sinxelos | |
---|