"Pennyroyal Tea" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado en 1994 como parte do seu terceiro e derradeiro álbum de estudio, In Utero. Iniciamente estaba pensado para ser lanzada como sinxelo en abril de 1994, pero despois de que Kurt Cobain aparecese morto a principios dese mes, a súa edición suspendeuse.
Aínda que a meirande parte das copias de "Pennyroyal Tea" foron retiradas do mercado tras o suicidio de Cobain, algunhas foron vendidas. A maioría deberían ser destruídas na fábrica de BMG en Alemaña, pero algunhas copias foron roubadas e posteriormente atopáronse en coleccións privadas ou en sitios de poxas.
Listaxe de cancións
- "Pennyroyal Tea" (Remix)
- "I Hate Myself and Want to Die"
- "Where Did You Sleep Last Night" (MTV Unplugged Version, Lead Belly)
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Álbums en vivo | |
---|
EPs | |
---|
Videos | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Box sets | |
---|
Sinxelos | |
---|