Jason Everman

Modelo:BiografíaJason Everman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1967 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Kodiak, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónColumbia University School of General Studies (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarsoldado Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Afganistán Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSub Pop Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0263623 Musicbrainz: 797dc323-fc39-4597-98cc-d10493f67326 Discogs: 441072 Allmusic: mn0001217832 Editar o valor en Wikidata

Jason Mark Everman, nado o 16 de outubro de 1967 en Kodiak, (Alasca) é un baixista estadounidense que tocou con Nirvana e Soundgarden.

Traxectoria

Nirvana

Everman uniuse a Nirvana en febreiro de 1989 como segundo guitarrista. Está incluído nos créditos de Bleach como tal, pero non tocou en ningunha das cancións. O líder de Nirvana, Kurt Cobain, dixo que isto foi para compensar a Everman por pagar 606.17 dólares para a gravación do álbum, suma que non lle foi devolta. Everman acompañou á banda na xira por Estados Unidos para a promoción de Bleach.

Hai dous temas de Nirvana nos que aparece tocando Everman dispoñibles, aínda que en distintas edicións. Unha versión de Kiss chamada "Do You Love Me?" foi editada nun álbum tributo, e "Dive" lanzouse no ano 2004 no recompilatorio With the Lights Out. Ambos temas foron gravados no estudio de 24 pistas do Evergreen State College en xuño de 1989.

Soundgarden

Everman deixou Nirvana ao final da xira, en xullo de 1989, e uniuse a Soundgarden o ano seguinte para substituír a Hiro Yamamoto. En abril dese ano, tocou na versión "Come Together" de The Beatles, que apareceu nun EP chamado Loudest Love. Everman apareceu no vídeo de Soundgarden "Louder Than Live" e o mesmo ano deixou a banda.

Outros traballos

Os seguintes proxectos de Everman incluíron unha tempada como guitarrista de Mind Funk. En setembro de 1994 deixaría esta banda e uniríase ao 2º batallón de Rangers do exército estadounidense e ás Forzas Especias, chegando a estar en Afganistán e Iraq.