Ra Patera

Ra
Imaxe de Ra tomada pola Voyager 1 o 5 de marzo de 1979, onde se poden ve-los enormes regueiros que brotan dende o patera (abaixo a esquerda).
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 39,11 km[1]
Altitude 1 km[2]
Coordenadas 8,66° S 324,7 ° O[1]
Procedencia do nome Deus exipcio do Sol.[1]

Ra é un volcán ou patera que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Trátase dun volcán activo.

Características

Foi estudado por vez primeira no ano 1979, grazas ás imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, a cales definiron a súa xeoloxía, topografía e concretaron o lugar da fonte das erupcións. No momento do seu descubrimento, a súa montaña tiña ó redor dun quilómetro de altitude e posuía numerosos regueiros de lava, pola forma destes regueiros, estes deben estar formados por lavas de baixa viscosidade ou a través de erupcións de grandes masas de lava.[2]

Posiblemente sexa un volcán que emite gran cantidade de xofre líquido.[2] Recibiu o seu nome oficial no ano 1979, o seu nome procede da mitoloxía exipcia, onde Ra era o deus Sol.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Ra Patera on Io". Consultado o 17-09-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Geology and Topography of Ra Patera, Io, in the Voyager Era: Prelude to Eruption" (PDF). 15-09-1997. Consultado o 13-06-2010. 

Véxase tamén

Outros artigos