Exipto
|
|
O Exipto Mons, situado na parte superior desta captura do programa NASA World Wind.
|
Tipo de accidente xeolóxico
|
Mons
|
Accidente xeolóxico de
|
Ío
|
Diámetro
|
193.66 km[1]
|
Extensión
|
9.792 km²[2]
|
Altitude
|
10 km[2]
|
Coordenadas
|
41,49° S 257,6° O[1]
|
Procedencia do nome
|
O lugar onde Ío rematou os seus periplos.[1]
|
Exipto Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Ten 10 km de altura, e fai dela a 11ª montaña máis alta de Ío, máis alta co monte Everest. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 193,7 km[1], aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 133,8 km por 146 km de ancho[2]. É un macizo montañoso escarpado, de forma moi irregular e dunha morfoloxía complexa. Cobre unha área duns 9.792 km² e está situado nas coordenadas 41,49° S 257,6° O. Ten unha escarpa na cara norte. Recibiu o nome de Exipto, en referencia ó lugar onde a mitolóxica Ío rematou a súa fuxida. Recibiu oficialmente o seu nome por parte da Unión Astronómica Internacional no ano 1997.[1][2] Cara ao noroeste está Babbar Patera, e cara ao sueste está Hermes Mensa. Svarog Patera pode ser atopado cara ao suroeste.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Mons, montes: Egypt Mons on Io". Consultado o 18-08-2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 planetologia.elte.hu (ed.). "Io Mountain Database". Consultado o 18-08-2010.
- ↑ NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Artigos principais | | |
---|
Listas | |
---|
Paterae | |
---|
Montañas | |
---|
Regueiros de lava ou Canles | |
---|
Volcáns | |
---|
Exploración | |
---|