Gish Bar
|
|
Imaxe de alta resolución de Gish Bar Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999.
|
Tipo de accidente xeolóxico
|
Patera
|
Accidente xeolóxico de
|
Ío
|
Diámetro
|
110 km[1]
|
Profundidade
|
?
|
Coordenadas
|
18,6° N 87,7° O[1]
|
Procedencia do nome
|
Deus babilonio do Sol.[1]
|
Gish Bar Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 110 kms de diámetro e cobre unha área duns 9.600 km2. Está situado a 18,6° N 87,7° O . O nome de Gish Bar provén da mitoloxía babilonia, onde Gish Bar era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1] Está situado ó sur da base do Gish Bar Mons, unha montaña de 11 kms de altitude. Cara ao nordeste está Skythia Mons, e cara ao leste está Monan Mons, ó note e sur están Monan Patera e Ah Peku Patera, respectivamente.[2]
A sonda Galileo detectou actividade volcánica no pasado recente de Gish Bar Patera, particularmente en 1996, e unha nova erupción foi detectada polos instrumentos de espectrometría infravermella da Galileo en agosto do 2001.[3] A sección occidental da patera é principalmente verde, cons algunhas manchas brillantes, mentres que a parte oriental é principalmente laranxa. A rexión do noroeste de Gish Bar Patera está cheo de manchas procedentes de varias erupcións. O chan do patera podería estar formado por silicatos.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Artigos principais | | |
---|
Listas | |
---|
Paterae | |
---|
Montañas | |
---|
Regueiros de lava ou Canles | |
---|
Volcáns | |
---|
Exploración | |
---|