RS-27A

RS-27A
País de orixeEstados Unidos[1]
Primeiro voo1989[1]
FabricanteRocketdyne[1]
AplicaciónMotores da primeira etapa de varios foguetes Delta[1]
EstadoFóra de produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteOsíxeno líquido[1] / Queroseno[1]
Taxa de mestura2,245[1]
Configuración
Taxa da tobeira12[1]
Rendemento
Pulo (no baleiro)1054,20 kN[1]
Pulo (nivel do mar)890,1 kN[1]
Taxa de pulo a peso102,4[1]
Presión na cámara49,0 bares[1]
Impulso específico302 s[1]
Isp (nivel do mar)255 s[1]
Tempo de acendido274 segundos[1]
Dimensións
Lonxitude3,78 m[1]
Diámetro1,07 m[1]
Peso seco1091 kg[1]
Usado en
Algunhas versión dos Delta 6000 e Delta 7000, Delta III[1]

RS-27A é a designación dun tipo de motor foguete utilizado na primeira etapa de varios foguetes Delta.[1]

Características

Os motores RS-27A eran fabricados por Rocketdyne e funcionaban alimentados por osíxeno líquido e queroseno (RP-1). Tiñan un pulo de 890,1 kN a nivel do mar e usábanse na primeira etapa dalgúns modelos dos foguetes Delta 6000 e Delta 7000 e nos Delta III.[1]

O RS-27A estaba formado en realidade por un motor principal RS2701B e dous foguetes vernier LR101-NA-11. Foi usado por primeira vez nos Delta II, en 1989, substituíndo ao motor RS-27.[1]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 Mark Wade (2017). "RS-27A" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos