O predecesor da familia Delta, o mísil balístico de alcance medio Thor, comezou como un proxecto iniciado en decembro de 1955. A idea era crear un mísil con compeñentes xa existentes. Tralo seu desenvolvemento e o lanzamento do Sputnik 1 por parte de Unión Soviética, comezouse a modifica-lo Thor para o seu uso como lanzador espacial. Unha das primeiras medidas foi acoplarlle unha etapa superior Able. Unha das desventaxas do Thor era o seu baixo cocente impulso/masa, que limitaba o posible aumento da carga útil ou o uso de maiores etapas superiores. O problema foi solucionado usando foguetes aceleradores de propelente sólidoCastor para aumentar a carga lanzable. Sucesivas melloras converteron o Thor no foguete Delta cara mediados da década de 1970. Centos de lanzamentos despois, a familia Delta é unha das máis exitosas e fiables no campo do acceso ó espazo para cargas medias.[1]
A configuración dos foguetes Delta codifícanse mediante catro díxitos:[1]
O primeiro indica a configuración básica do lanzador. Ata 2004 a definición do díxito era a seguinte:
0: aceleradores Castor 2 e tanque principal Thor alongado co motor MB-3.
1: aceleradores Castor 2 e tanque principal alongado estendido co motor MB-3.
2: aceleradores Castor 2 e tanque principal alongado estendido co motor RS-27 (derivado dos excedentes de motores H-1 do Saturno IB).
3: aceleradores Castor 4 e tanque principal alongado estendido co motor RS-27.
4: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado estendido co motor MB-3.
5: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado estendido co motor RS-27.
6: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado estraextendido co motor RS-27.
7: aceleradores GEM-40 e tanque principal alongado estraextendido co motor RS-27.
8: aceleradores GEM-46 e tanque principal alongado estraextendido reforzado para o Delta III co motor RS-27A.
9: aceleradores GEM-60 e tanque principal crioxénico para o Delta IV co motor RS-68.
Tras 2004 a definición do díxito revisouse do seguinte xeito:
2: primeira etapa do Delta I (correspondente ás anteriormente coñecidas como serie Delta 6000 e Delta 7000).
3: primeira etapa do Delta III (anteriormente coñecida como serie Delta 8000).
4: primeira etapa do Delta IV (anteriormente coñecida como serie Delta 9000).
O segundo díxito indica o número de foguetes aceleradores de propelente sólido: 0, 3 ou 9 para os foguetes anteriores ó Delta IV, e 0, 2 ou 4 para o Delta IV.
O terceiro díxito indica o tipo de segunda etapa:
0: segunda etapa con propelentes almacenables co motor da serie AJ10-118.
1: segunda etapa con propelentes almacenables co motor TR-201 (excedentes da etapa superior do módulo lunar do programa Apolo).
2: segunda etapa do Delta K con propelentes almacenables e motor AJ10-118K.
3: segunda etapa crioxénica do Delta III con motor RL10B-2.
4: segunda etapa crioxénica do Delta IV de 4 metros de diámetro.
5: segunda etapa crioxénica do Delta IV de 5 metros de diámetro.
Opcionalmente úsase a letra H tralo cuarto díxito para indicar unha configuración pesada (H de heavy): para o Delta II indica o uso de aceleradores sólidos GEM de 118 cm de diámetro e para o Delta IV indica o uso de dous CBC (Common Booster Cores) como aceleradores.
Notas
↑ 1,01,11,2Mark Wade (2011). "Delta"(en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2012.
↑Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2012.