Proteína C reactiva

Proteína C reactiva
Identificadores
Símbolo CRP
Símbolos alt. MGC149895; MGC88244; PTX1
Entrez 1401
HUGO 2367
OMIM

123260

RefSeq NM_000567
UniProt P02741
Outros datos
Locus Cr. 1 q21.23
Proteína C reactiva.

A proteína C reactiva (CRP polas súas siglas en inglés[1]) é unha proteína que se encontra no sangue, que aumenta a súa concentración en resposta á inflamación, é dicir, é unha proteína da fase aguda. A súa función fisiolóxica é unirse á fosfocolina que se expresa na superficie de células moribundas ou mortas (e nalgúns tipos de bacterias) para activar o sistema do complemento por medio do complexo C1Q.[2]

A proteína C reactiva sintetízase no fígado[3] en resposta a factores liberados polos macrófagos e adipocitos.[4] Forma parte da familia proteica da pentraxina.[3] Non está relacionada co péptido C ou proteína C. A proteína C reactiva foi o primeiro receptor de recoñecemento de padrón (PRR) que se identificou.[5]

Historia e nomenclatura

A proteína C reactiva (CRP) foi denominada así porque se descubriu orixinalmente como unha substancia que se encontraba no soro sanguíneo de pacientes con inflamación aguda, que reaccionaba co C-polisacárido do pneumococo, polo que o seu nome significa "proteína reactiva co C-polisacárido do pneumococo".

Foi descuberta por William S. Tillett e T. Francis en 1930,[6] e pensouse inicialmente que era unha secreción patoxénica, xa que a súa concentración no soro era elevada en pacientes de diversas enfermidades, incluído o cancro.[3] O posterior descubrimento da súa síntese hepática demostrou que era unha proteína humana nativa.[7][8][9]

Xenética e bioquímica

O xene CRP está localizado no cromosoma 1 humano (1q21-q23). É unha proteína formada por 224 residuos de aminoácidos[10] cunha masa molecular do monómero de 25106 Da. A proteína ten forma de disco anular e é pentámera (con 5 subunidades). É membro da familia proteica das pentraxinas.

Funcións

A resposta de fase aguda prodúcese nunha gran variedade de doenzas inflamatorias crónicas, como as infeccións bacterianas, virais, ou fúnxicas, doenzas reumáticas e outras doenzas inflamatorias, cancros, e lesións nos tecidos ou necrose. Estas condicións causan a liberación de interleucina-6 e outras citocinas, producidas principalmente polos macrófagos[3] e adipocitos.[4], o que orixina a síntese da CRP e de fibrinóxeno no fígado. A CRP é 50.000 veces máis alta do normal en casos de inflamación aguda, como nas infeccións. Elévase por riba dos niveis normais en 2-6 horas, e presenta un pico ás 48 hours. A súa vida media é constante, e, por tanto, o seu nivel está determinado principalmente pola cantidade que se produza (que depende da gravidade da causa que a orixinou). Cando decae a resposta de fase aguda, a CRP diminúe e ten unha vida media relativamente curta de 18 horas. Faise unha medición do nivel de CRP en casos de enfermidades infecciosas e inflamatorias. Obsérvase un incremeento de CRP rápido e agudo en inflamacións, infeccións, traumas e necrose dos tecidos, cancros, e trastornos autoinmunes. Como hai un gran número de enfermidades moi diversas que poden incrementar a produción da CRP, un nivel elevado de CRP non serve como diagnóstico dunha enfermidade específica, pero un nivel elevado de CRP fai sospeitar da presenza dunha enfermidade inflamatoria, como a artrite reumatoide, polimialxia reumática ou artrite de célula xigante.

A función fisiolóxica da CRP é unirse á fosfocolina, que se expresa na superficie das células moribundas ou xa mortas (e nalgúns tipos de bacterias) para activar o sistema do complemento. A CRP únese á fosfocolina das células danadas e de microbios e potencia a fagocitose por parte dos macrófagos. Crese que colabora coa unión do sistema do complemento con células danadas propias e as alleas ao organismo e potencia a fagocitose dos macrófagos mediada por opsoninas, que expresan receptores para a CRP. Tamén se cre que xoga un papel importante na inmunidade innata, como un sistema de defensa temperán contra as infeccións. Deste xeito, a CRP participa na eliminación das células necróticas ou apoptóticas.

Outro marcador da fase aguda é o amiloide sérico A, que responde rapidamente en similares circunstancias.[3]

Importancia clínica

Cancro

O papel da inflamación no cancro non se comprende ben. Atopouse que as persoas con cancro de colon teñen unha concentración de CRP de 2,69 miligramos por litro, e nas que non o teñen a media é de 1,97 miligramos por litro, o que é unha diferenza estatisticamene significativa.[11] Estes datos concordan con estudos previos que indicaban que as drogas antiinflamatorias non eseroideas podían diminuír o risco de cancro de colon.[12]

Enfermidades cardiovasculares

Recentes investigacións suxiren que os pacientes con niveis basais elevados de CRP teñen un maior risco de padecer diabetes,[13][14] hipertensión arterial e enfermidades cardiovasculares.[15] Aínda que os resultados dalgúns estudos non están claros e son parcialmente contraditorios,[16][17] e outros polo momento só foron demostrados en modelos animais.[18]

Fibrose e inflamación

A escleroderma, polimiosite, e dermatomiosite a miúdo non orixinan ningunha resposta de CRP. Os niveis de CRP non adoitan ser elevados tampouco no lupus eritematoso sistémico a non ser que haxa serosite ou sinovite. Pode haber elevación do nivel de CRP en ausencia de inflamación clinicamente significativa na insuficiencia renal. O nivel de CRP é un factor de risco independente para a enfermidade aterosclerótica. Os pacientes con altas concentracións de CRP tañen maior risco de accidentes cerebrovasculares, infarto de miocardio, e enfermidades vasculares periféricas graves.[19]

Apnea do sono obstrutiva

Os niveis de CRP (e de interleucina-6) están elevados na apnea do sono obstrutiva en comparación con suxeitos obesos de control.[20]

Uso para o diagnóstico

A CRP utilízase principalmente como marcador da inflamación. Ademais da insuficiencia hepática, coñécense poucos factores que interfiran coa produción de CRP.[3]

Para determinar o progreso dunha enfermidade ou a efectividade dun tratamento pode ser útil medir e facer gráficas dos valores da CRP. O sangue analízase no laboratorio seguindo varios métodos que permiten a determinación da CRP, como ELISA, inmunoturbidimetría, inmunodifusión rápida, e aglutinación.

Rangos de referencia para análises de sangue, nos que se mostran os niveis de CRP en cor castaña amarelada no centro.

A proba de CRP de grande sensibilidade (hs-CRP) mide niveis baixos de CRP utilizando nefelometría láser. A proba proporciona resultados en 25 minutos cunha sensibilidade de menos de 0,04 mg/L.

A concentración normal no soro dun humano adulto é xeralmente menor de 10 mg/L, incrementándose lentamente coa idade. Atópanse niveis altos ao final do embarazo, inflamacións leves e infeccións virais (10–40 mg/L), infalamción activa, infección bacteiana (40–200 mg/L), infeccións bacterianas graves e queimaduras (>200 mg/L).[21]

A CRP reflicte de forma máis sensible e precisa a resposta de fase aguda que a velocidade de sedimentación globular (VSG, ou eritrosedimentación). Como a vida media da CRP é constante, os seus niveis dependen da súa velocidade de produción, que depende da gravidade da doenza. Nas primeiras 24 h, a velocidade de sedimentación globular pode ser normal e a CRP elevada. A CRP volve ao normal máis rapidamente que a VSG en resposta á terapia.

Cardioloxía

Como resultado da invasión de leucocitos e a inflamación nas paredes arteriais, orixínanse danos arteriais. A CRP é un marcador xeral para a inflamación e infección, polo que pode usarse como un marcador aproximado de risco de enfermidade cardíaca. Como a elevación dos niveis de CRP poden causala moitos factores, non é un indicador moi específico do prognóstico.[22] Non obstante, un nivel por riba de 2,4 mg/L foi asociado cunha duplicación do risco de episodios coronarios comparado con niveis inferiores a 1 mg/L;[3] porén, o grupo de estudo neste caso constaba de pacientes que foran diagnosticados de anxina de peito inestable, polo que non está claro se uns niveis elevados de CRP teñen valor preditivo para os episodios coronarios agudos na poboación xeral de todas as idades. Actualmente, a CRP non se recomenda como unha proba para o exame das enfermidades cardiovasculares para adultos con risco medio e sen síntomas.[23]

Segundo a American Heart Association e os CDC defínense os seguintes grupos de risco:[24]

  • Risco baixo: menos de 1,0 mg/L
  • Risco medio: 1,0 a 3,0 mg/L
  • Risco alto: por riba de 3,0 mg/L

Pero esta proba de CRP de alta sensibilidade non se debe usar soa, senón que debería combinarse coa presenza de elevados niveis de colesterol, LDL-C, triglicéridos, e glicemia. O fumar, a hipertensión arterial e a diabetes incrementan tamén o risco de ter unha enfermidade cardiovascular.

Notas

  1. Ten tamén estas siglas a proteína activadora por catabolito, tamén chamada cAMP receptor protein.
  2. Thompson D, Pepys MB, Wood SP (1999). "The physiological structure of human C-reactive protein and its complex with phosphocholine". Structure 7 (2): 169–77. PMID 10368284. doi:10.1016/S0969-2126(99)80023-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Pepys MB, Hirschfield GM (2003). "C-reactive protein: a critical update". J. Clin. Invest. 111 (12): 1805–12. PMC 161431. PMID 12813013. doi:10.1172/JCI18921. 
  4. 4,0 4,1 Lau DC, Dhillon B, Yan H, Szmitko PE, Verma S (2005). "Adipokines: molecular links between obesity and atheroslcerosis". Am. J. Physiol. Heart Circ. Physiol. 288 (5): H2031–41. PMID 15653761. doi:10.1152/ajpheart.01058.2004. 
  5. Mantovani A, Garlanda C, Doni A, Bottazzi B (2008). "Pentraxins in innate immunity: from C-reactive protein to the long pentraxin PTX3". J. Clin. Immunol. 28 (1): 1–13. PMID 17828584. doi:10.1007/s10875-007-9126-7. 
  6. Tillett WS, Francis T (1930). "Serological reactions in pneumonia with a nonprotein somatic fraction of pneumococcus". J. Exp. Med. 52 (4): 561–71. PMC 2131884. PMID 19869788. doi:10.1084/jem.52.4.561. 
  7. Kennelly PJ, Murray RF, Rodwell VW, Botham KM (2009). Harper's illustrated biochemistry. McGraw-Hill Medical. ISBN 0-07-162591-7. 
  8. Pincus MR, McPherson RA, Henry JB (2007). Henry's clinical diagnosis and management by laboratory methods. Saunders Elsevier. ISBN 1-4160-0287-1. 
  9. Ratey JJ, Noskin GA, Braun R, Hanley EN Jr, McInnes IB, Ruddy S (2008). Kelley's Textbook of Rheumatology: 2-Volume Set, Expert Consult: Online and Print (Textbook of Rheumatology (Kelley's)(2 Vol)). Philadelphia: Saunders. ISBN 1-4160-3285-1. 
  10. NCBI Entrez Protein #CAA39671
  11. Erlinger TP, Platz EA, Rifai N, Helzlsouer KJ (2004). "C-reactive protein and the risk of incident colorectal cancer" (PDF). JAMA 291 (5): 585–90. PMID 14762037. doi:10.1001/jama.291.5.585. 
  12. Baron JA, Cole BF, Sandler RS, Haile RW, Ahnen D, Bresalier R, McKeown-Eyssen G, Summers RW, Rothstein R, Burke CA, Snover DC, Church TR, Allen JI, Beach M, Beck GJ, Bond JH, Byers T, Greenberg ER, Mandel JS, Marcon N, Mott LA, Pearson L, Saibil F, van Stolk RU (2003). "A randomized trial of aspirin to prevent colorectal adenomas". N. Engl. J. Med. 348 (10): 891–9. PMID 12621133. doi:10.1056/NEJMoa021735. 
  13. Pradhan AD, Manson JE, Rifai N, Buring JE, Ridker PM (2001). "C-reactive protein, interleukin 6, and risk of developing type 2 diabetes mellitus". JAMA 286 (3): 327–34. PMID 11466099. doi:10.1001/jama.286.3.327. 
  14. Dehghan A, Kardys I, de Maat MP, Uitterlinden AG, Sijbrands EJ, Bootsma AH, Stijnen T, Hofman A, Schram MT, Witteman JC (2007). "Genetic variation, C-reactive protein levels, and incidence of diabetes". Diabetes 56 (3): 872–8. PMID 17327459. doi:10.2337/db06-0922. 
  15. Lopez-Garcia E, Schulze MB, Meigs JB, Manson JE, Rifai N, Stampfer MJ, Willett WC, Hu FB (2005). "Consumption of trans fatty acids is related to plasma biomarkers of inflammation and endothelial dysfunction". J. Nutr. 135 (3): 562–6. PMID 15735094. 
  16. Danesh J, Wheeler JG, Hirschfield GM, Eda S, Eiriksdottir G, Rumley A, Lowe GD, Pepys MB, Gudnason V (2004). "C-reactive protein and other circulating markers of inflammation in the prediction of coronary heart disease". N. Engl. J. Med. 350 (14): 1387–97. PMID 15070788. doi:10.1056/NEJMoa032804. 
  17. Koenig, Wolfgang; et al. (1999-01-19), "C-Reactive Protein, a Sensitive Marker of Inflammation, Predicts Future Risk of Coronary Heart Disease in Initially Healthy Middle-Aged Men: Results From the MONICA (Monitoring Trends and Determinants in Cardiovascular Disease) Augsburg Cohort Study, 1984 to 1992", Circulation (en inglés) 99 (2): 237–242, ISSN 0009-7322, doi:10.1161/01.CIR.99.2.237 
  18. Pepys MB, Hirschfield GM, Tennent GA, Gallimore JR, Kahan MC, Bellotti V, Hawkins PN, Myers RM, Smith MD, Polara A, Cobb AJ, Ley SV, Aquilina JA, Robinson CV, Sharif I, Gray GA, Sabin CA, Jenvey MC, Kolstoe SE, Thompson D, Wood SP (2006). "Targeting C-reactive protein for the treatment of cardiovascular disease". Nature 440 (7088): 1217–21. PMID 16642000. doi:10.1038/nature04672. 
  19. Clearfield MB (2005). "C-reactive protein: a new risk assessment tool for cardiovascular disease". The Journal of the American Osteopathic Association 105 (9): 409–16. PMID 16239491. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  20. Latina JM, Estes NA, Garlitski AC (2013). "The Relationship between Obstructive Sleep Apnea and Atrial Fibrillation: A Complex Interplay". Pulm Med 2013: 621736. PMC 3600315. PMID 23533751. doi:10.1155/2013/621736. 
  21. Clyne B, Olshaker JS (1999). "The C-reactive protein". J Emerg Med 17 (6): 1019–25. PMID 10595891. doi:10.1016/S0736-4679(99)00135-3. 
  22. Lloyd-Jones DM, Liu K, Tian L, Greenland P (2006). "Narrative review: assessment of C-reactive protein in risk prediction for cardiovascular disease". Ann Intern Med 145 (1): 35–42. PMID 16818927. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2008. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  23. Goldman, Lee (2011). Goldman's Cecil Medicine (24th ed.). Philadelphia: Elsevier Saunders. pp. 54. ISBN 1437727883. 
  24. "hs-CRP". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2013. Consultado o June 3, 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Peta distrik di Portugal Portugal Artikel ini adalah bagian dari seri Politik dan KetatanegaraanPortugal Undang-Undang Dasar Eksekutif Presiden (daftar) Marcelo Rebelo de Sousa Perdana Menteri (daftar) António Costa Kabinet Legislatif Majelis Republik Presiden: Eduardo Ferro Rodrigues Yudikatif Mahkamah Konstitusi Mahkamah Agung Pengadilan Audit Mahkamah Administrasi Pemilihan umum Pemilihan umum terakhir Presiden: 201120162021 Legislatif:201520192022 Daerah: 201320172021 Eropa: 200920142019...

 

Блок аэрогеля в руке Кирпич массой 2,5 кг стоит на куске аэрогеля массой 2,38 г Аэроге́ли (от лат. aer — воздух и gelatus — замороженный) — класс материалов, представляющих собой гель, в котором жидкая фаза полностью замещена газообразной. Такие материалы обладают р�...

 

Basketball player selection 1971 NBA draftGeneral informationSportBasketballDate(s)March 29, 1971 (first 10 rounds)March 30, 1971 (remaining rounds)LocationNew York City, New YorkOverview237 total selections in 19 roundsLeagueNBAFirst selectionAustin Carr, Cleveland Cavaliers← 19701972 → The 1971 NBA draft was the 25th annual draft of the National Basketball Association (NBA). The draft was held on March 29 and 30, 1971 before the 1971–72 season. In this draft, 17...

Men's Greco-Roman 75 kgat the Games of the XXXI OlympiadMedalistsVenueCarioca Arena 2Date14 August 2016Competitors20 from 20 nationsMedalists Roman Vlasov  Russia Mark Madsen  Denmark Kim Hyeon-woo  South Korea Saeid Abdevali  Iran← 20122020 → Wrestling at the2016 Summer OlympicsQualificationFreestyleGreco-RomanWomen57 kg59 kg48 kg65 kg66 kg53 kg74 kg75 kg58 kg86 kg85 kg63 kg97 kg98 kg69 kg125 kg130 kg75 kgvte Main article: Wrestling at the...

 

Perfluoromethylcyclohexane Names Preferred IUPAC name Undecafluoro(trifluoromethyl)cyclohexane Other names Flutec PP2 Identifiers CAS Number 355-02-2 Y 3D model (JSmol) Interactive image ChemSpider 9260 Y ECHA InfoCard 100.005.976 EC Number 206-386-9 PubChem CID 9637 UNII VJ9772YW63 Y CompTox Dashboard (EPA) DTXSID5059874 InChI InChI=1S/C7F14/c8-1(7(19,20)21)2(9,10)4(13,14)6(17,18)5(15,16)3(1,11)12Key: QIROQPWSJUXOJC-UHFFFAOYSA-N SMILES FC(F)(F)C1(F)C(F)(F)C(F)(F)C(F)(F)C...

 

كينغدوم هارتس 3 Kingdom Hearts III غلاف لعبة فيديو المطور سكوير إنكس أول قسم الإنتاج [1] الناشر سكوير إنكس  الموزع بلاي ستيشن ستور،  ومتجر مايكروسوفت  المخرج تيتسويا نومورا[2] المنتج ري نيشي[3]شينجي هاشيموتو[4] الموسيقى يوكو شيمومورا[3] سلسلة اللعبة كينغدو�...

PHP

Scripting language created in 1994 This article is about the scripting language. For other uses, see PHP (disambiguation). PHPParadigmMulti-paradigm: imperative, functional, object-oriented, procedural, reflectiveDesigned byRasmus LerdorfDeveloperThe PHP Development Team, Zend Technologies, PHP FoundationFirst appeared8 June 1995; 28 years ago (1995-06-08)[1][2]Stable release8.3.6 / 11 April 2024; 14 days ago (2024-04-11)[3]...

 

A view of Mount Aragats. Armenia a land of rugged mountains and extinct volcanoes, its highest point is Mount Aragats, 13,435 ft (4,095 m). Mountain ranges Javakheti mountain range Armeno-Georgian mountain range Bazum mountain range, spanning east–west in the Shirak and Lori provinces in Northern Armenia Pambak mountain range, spanning northwest–southeast in the Lori and Kotayk provinces Gugarik mountain range Oskepat mountain range Murghaz mountain range Areguni mountain range Sevan moun...

 

ميلس     الإحداثيات 42°02′51″N 90°18′54″W / 42.0475°N 90.315°W / 42.0475; -90.315   [1] تاريخ التأسيس 1870  تقسيم إداري  البلد الولايات المتحدة[2]  التقسيم الأعلى مقاطعة جاكسون  خصائص جغرافية  المساحة 3.106273 كيلومتر مربع2.974377 كيلومتر مربع (1 أبريل 2010)  ارتفاع...

Rainy River First Nations (Ojibwe: Manitoo-baawidigoong)[1] is an Ojibwe First Nation band government in Emo, Ontario, Canada. History The First Nation is an amalgamation of seven historical Rainy River Saulteaux bands. Six of them either sold or transferred their Reserves in 1914-1915 and then began the amalgamation into a single Band. The Canadian federal government made the amalgamation official in the 1960s. The seven historical Saulteaux bands forming the Rainy River First Natio...

 

National tennis team representing the UK Great BritainAssociationLawn Tennis AssociationConfederationTennis EuropeCaptainLeon SmithITF ranking5 (18 September 2023)Highest ITF ranking1 (30 November 2015)ColorsBlue & whiteFirst year United States 3–0 British Isles (Longwood Cricket Club, Boston, Massachusetts, United States; 8–10 August 1900)Years played111Ties played (W–L)264 (163–101)Years inWorld Group21 (21–20)Davis Cup titles10 (1903, 1904, 1905, 1906, 1912, 1933, 1934, 1935,...

 

الملك المظفر سيف الدين قطز محمود بن ممدود صورة لتمثال سيف الدين قطز الملك المظفر سيف الدين قطز فترة الحكم657 هـ - 1259 / 658 هـ - 1260 تاريخ التتويج 657 هـ /1259، القاهرة،  الدولة المملوكية ألقاب الملك المظفر سيف الدين معلومات شخصية الاسم الكامل محمود بن ممدود بن خوارزمشاه الميلاد ال...

Mountain range in the US states of Texas and New Mexico For the smaller range in the southwest New Mexico Bootheel, see Guadalupe Mountains (Hidalgo County). For the mountain range in Extremadura, Spain, see Sierra de Villuercas. Guadalupe MountainsGuadalupe MountainsHighest pointPeakGuadalupe PeakElevation8,751 ft (2,667 m)Coordinates31°53′28″N 104°51′36″W / 31.89111°N 104.86000°W / 31.89111; -104.86000DimensionsLength65 mi (105 km...

 

American actor (1915–2012) This article is about the actor. For the Wisconsin legislator, see Frank A. Cady. Frank CadyCady in The Great Rupert (1950)BornFrank Randolph Cady(1915-09-08)September 8, 1915Susanville, California, U.S.DiedJune 8, 2012(2012-06-08) (aged 96)Wilsonville, Oregon, U.S.Resting placeLos Osos Valley Memorial Park, Los Osos, California[1]Other namesFrankie CadyFrank R. CadyAlma materStanford UniversityOccupationActorYears active1947–1990...

 

Song from Jay-Z Do It Again (Put Ya Hands Up)Single by Jay-Z featuring Amil and Beanie Sigelfrom the album Vol. 3... Life and Times of S. Carter ReleasedDecember 14, 1999Recorded1999GenreEast Coast hip hopLength4:38LabelRoc-A-FellaDef JamSongwriter(s)Shawn CarterDwight GrantAmil WhiteheadDana StinsonProducer(s)RockwilderJay-Z singles chronology Girl's Best Friend(1999) Do It Again (Put Ya Hands Up)(1999) Anything(2000) Amil singles chronology Jigga What, Jigga Who (Originator 99)(1999...

Election held to fill a political office that has become vacant Part of the Politics seriesElections Basic types By-election Corporate Direct / Indirect Fixed-term General Local Mid-term Plurality Primary Proportional Recall Snap Sortition Two-round system Terminology Anonymous elector Apportionment Audits Competition Boundary delimitation Crossover voting Electoral college Election law Election silence Gerrymandering Initiative Psephology Secret ballot Suffrage Right to stand for election Su...

 

Untuk kota di Rusia, lihat Sankt-Peterburg. Letak St. Petersburg di Florida St. Petersburg merupakan sebuah kota di Amerika Serikat. Kota ini letaknya di bagian tenggara. Tepatnya di negara bagian Florida. Pada tahun 2006, kota ini memiliki jumlah penduduk sebesar 248.098 jiwa dan memiliki luas wilayah 344,7 km². Kota ini memiliki angka kepadatan penduduk sebesar 4.162,7 jiwa/km². Surat kabar di kota ini yaitu St. Petersburg Times. Kota kembar Takamatsu, Jepang Saint Petersburg, Rusia ...

 

دوري السوبر السلوفاكي 1993–94 تفاصيل الموسم دوري السوبر السلوفاكي  النسخة 1  البلد سلوفاكيا  المنظم اتحاد سلوفاكيا لكرة القدم  البطل نادي سلوفان براتيسلافا  مباريات ملعوبة 192   عدد المشاركين 12   الدوري التشيكوسلوفاكي 1992–93  دوري السوبر السلوفاكي 1994–95  ...

Карло Рампини Общая информация Родился 25 октября 1891(1891-10-25)Кандия-Ломеллина, Италия Умер 28 марта 1968(1968-03-28) (76 лет)Верчелли, Италия Гражданство Италия Рост 165 см Позиция нападающий Клубная карьера[* 1] 1908—1914 Про Верчелли 99 (106) Национальная сборная[* 2] 1911—1913 Италия 8 (3)...

 

Artikel utama: Toyota Corona Toyota Corona AbsoluteInformasiJuga disebutToyota Corona ExsiorToyota Carina EMasa produksiMar 1992[butuh rujukan]—1998[butuh rujukan]PerakitanToyota City, JapanBurnaston, Derbyshire, EnglandThames, New ZealandJakarta, IndonesiaSanta Rosa City, Laguna, PhilippinesBodi & rangkaBentuk kerangka4-pintu sedan5-pintu liftback5-pintu station wagonTata letakFR layoutFF layoutMobil terkaitToyota CaldinaToyota CelicaToyota CurrenToyota Carina...