Promoción de ascenso a Segunda División 2023 |
|
País | España |
---|
|
|
|
|
|
A promoción de ascenso á Segunda división española 2023 disputouse do 3 ao 25 de xuño de 2023, tralo remate da tempada 2022/23 da Primeira División RFEF. Foi a segunda promoción de ascenso que se disputou dende a Primeira División RFEF e culminou cos ascensos do Alcorcón e o Eldense.
Equipos clasificados
Os equipos clasificados para disputar a promoción de ascenso a Segunda División foron os seguintes:
Sistema de competición
Ao remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF, ascenderon de xeito directo á Segunda División os dous equipos que remataron na primeira posición en cada un dos dous grupos (Racing de Ferrol e Amorebieta). Puxéronse en xogo ademais outras dúas prazas de ascenso, nunha promoción a disputar entre os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar en cada un dos dous grupos da Primeira RFEF.[1]
Consistiu en dúas eliminatorias a dobre partido nas que os encontros foron determinados polo posto da clasificación, enfrontando aos que obtiveron unha mellor clasificación contra os que obtiveron unha peor.[1] Os partidos de ida disputáronse no terreo de xogo do equipo con peor clasificación. En caso de empate xogouse unha prórroga e en caso de persistir o empate, pasaba o mellor clasificado na fase regular.
Os dous clubs gañadores da segunda eliminatoria ascenderon á Segunda División.
Cadros
Eliminatorias
Semifinais
Disputáronse catro eliminatorias a ida e volta entre o 3 e o 11 de xuño. Os catro gañadores clasificáronse para a fase final.
Semifinal 1
Semifinal 2
Semifinal 3
Semifinal 4
Finais
Participaron os catro equipos gañadores da primeira eliminatoria, en enfrontamentos a ida e volta os días 18 e 25 de xuño. Os dous equipos gañadores ascenderon á Segunda División.
Final 1
Final 2
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas