Sergio Barcia

Modelo:BiografíaSergio Barcia
Nome orixinalSergio Barcia Laranxeira
Biografía
Nacemento31 de decembro de 2000 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central

Sergio Barcia Laranxeira, nado en Vigo o 31 de decembro de 2000, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Legia de Varsovia.

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no Colegio Hogar do seu Vigo natal, ingresando aos nove anos na canteira do Celta de Vigo.[1][2] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, ata chegar ao equipo xuvenil, co que xogou durante tres campañas na División de Honra, proclamándose campión en dúas delas. Rematada a súa etapa como xuvenil, en agosto de 2019, saíu cedido ao Ourense CF, da Terceira División.[3] Titular indiscutible no equipo de Fran Justo, rematou segundo e disputou a promoción de ascenso á Segunda División B.[2]

Desvencellado do Celta, no verán de 2020 asinou contrato co Recreativo Granada de Segunda B.[4] O 8 de novembro debutou co primeiro equipo do Granada na Primeira División, nunha derrota por 2-0 contra a Real Sociedad, encontro ao que o seu equipo chegou moi afectado pola pandemia de COVID-19, tendo que xogar con varios futbolistas do filial.[5]

Na seguinte campaña xogou un segundo partido na máxima categoría, fronte o Celta de Vigo. Nos seus dous anos en Granada, disputou un total de 47 encontros co filial, nos que marcou 6 goles, e 3 co primeiro equipo. En xullo de 2022 regresou a Vigo para xogar co Celta B na Primeira Federación.[6] Disputou 31 partidos coa camiseta celeste, 30 deles como titular, e marcou un gol.

Antes do inicio da tempada 2023/24 asinou un contrato de dous anos co Mirandés, club da Segunda División, no que finalmente só xogou un ano.[7] Foi titular indiscutible no equipo de Alessio Lisci, disputando un total de 41 partidos, 39 deles saíndo dende o inicio, e contribuíu de xeito significativo a que o club conseguise a permanencia.[8] Ao remate da campaña foi traspasado ao Legia de Varsovia, da Ekstraklasa de Polonia.[8]

Notas

  1. "Sergio Barcia: «Jugar en el Celta sería un sueño»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Sergio Barcia se despide del Celta tras diez años". La Voz de Galicia (en castelán). 24 ago 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  3. "Sergio Barcia una de las mayores promesas del RC Celta de Vigo llega cedido al Ourense CF" (en castelán). 23 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  4. "El defensa Sergio Barcia se une al Club Recreativo Granada" (en castelán). 31 de agosto de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  5. García, Óscar (8 de novembro de 2020). "El covid se lo puso demasiado fácil a la Real Sociedad". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  6. "El Celta confirma el regreso de Sergio Barcia para jugar en el filial" (en castelán). 18 de xullo de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  7. "Sergio Barcia apuntala la zaga rojilla" (en castelán). 4 de xullo de 2023. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  8. 8,0 8,1 "Mirandés y Legia Varsovia acuerdan el traspaso de Barcia" (en castelán). 11 de xullo de 2024. Consultado o 20 de xullo de 2024.