A Ekstraklasa é a máxima categoría da liga polaca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1927. O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 16 os equipos que se enfrontan entre si ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 15, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.
A competición estivo dominada até finais dos anos 80 polos dous grandes equipos da rexión industrial da Voivodía da Silesia, o Górnik Zabrze e o Ruch Chorzów. Trala caída do réxime comunista no país, o dominito da liga pasou ás mans do Wisła Kraków e do Legia Warszawa, os principais equipos das dúas cidades mais grandes de Polonia.
Clubs participantes
Fogar do Wisla Kraków, laureado con 14 ligas.Fogar do Śląsk Wrocław, campión en dúas ocasións.
Na súa edición 2017–18, os 16 clubs participantes son os seguintes: