A League of Ireland Premier Division (en irlandésPríomhroinn Sraith na hÉireann) é a máxima competición nacional de fútbol de Irlanda. Esta división foi creada en 1985 como resultado da división da League of Ireland en dúas divisións, creándose tamén a League of Ireland First Division. No 2009, a FAI rexeitou as propostas dos clubs de reagrupar as dúas divisións e restaurar a estrutura orixinal da League of Ireland.[1]
(*) A League of Ireland foi fundada en 1921. A liga dividiuse en dúas divisións en 1985, creándose a League of Ireland Premier Division e a League of Ireland First Division. Polo tanto, os campións da Premier Division, tendo rematado na cabeza da máxima categoría da League of Ireland, son considerados os campións da League of Ireland.[2][3]