Proceedings of the Royal Society (abreviado Proc. R. Soc.) é o título de dúas revistas científicas publicadas pola Royal Society.
Historia
A revista inicial, Philosophical Transactions, continúa a ser publicada e está agora dedicada a temas especiais. Orixinalmente era unha única revista, foi despois dividida en dúas series no ano 1905.[1]
Proceedings of the Royal Society A
Tamén chamada Serie A, publica investigacións relacionadas coas matemáticas, a física e a enxeñaría.
Proceedings of the Royal Society B
Tamén chamada Serie B, publica investigacións relacionadas coa bioloxía.[2]
Actualmente son as principais revistas de investigación da Royal Society. Moitos nomes famosos da ciencia publicaron as súas investigacións en Proc. R. Soc., incluíndo Paul Dirac, Werner Heisenberg, James Clerk Maxwell, Ernest Rutherford e Erwin Schrödinger.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas