A Primeira División de Bolivia é a categoría de máximo nivel dentro da liga profesional de fútbol que se disputa en Bolivia, organizada pola Liga del Fútbol Profesional Boliviano.
O torneo actual naceu en 1977, sucedendo á Copa Simón Bolivar (1960-1976) e ó Campionato Nacional (1950-1959). Actualmente considéranse o mesmo campionato profesional, mais con distintos nomes e formatos. Dende o ano 2003 ata o ano 2010 disputáronse cada tempada dous torneos, Apertura e Clausura, de xeito que cada ano había dous equipos campións. Non obstante a tempada 2011/12 está formada por 3 torneos (Adecuación, Apertura e Clausura), con distintos formatos cada ún, xa que a liga estase adaptando ó calendario europeo, para que as tempadas rematen antes do verán.
Os seguintes 12 equipos compiten na tempada 2011/12. As cidades da Paz, Potosí e Santa Cruz están representadas con 2 equipos. É salientable a ausencia do Club Jorge Wilstermann, que en 2010 descendeu de categoría por vez primeira na súa historia.