Pobo ojibwa
Os ojibwa, ojibwe ou chippewa son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita en América do Norte. Viven no Canadá e nos Estados Unidos e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do río Bravo. No Canadá, son a segunda das Primeiras Nacións por poboación, só superados polos cree. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos navagho, cherokee e os síux. Tradicionalmente, os ojibwa falan a lingua ojibwa, unha lingua da familia algonquina. Forman parte do concilio de tres lumes e dos anishinaabeg, que inclúen os pobos algonquino, nipissing, oji-cree, odawa e potawatomi. No Canadá hai 77 940 ojibwas; 76 760 saulteaux e 8 770 mississaugas, organizados en 125 bandas, que viven dende o oeste do Quebec até o leste da Columbia Británica. No ano 2010, os ojibwa dos Estados Unidos sumaban 170 742.[1] Os ojibwa son coñecidos polas súas canoas de cortiza de bidueiro, a minaría e comercio de cobre e o cultivo de arroz salvaxe. A súa sociedade midewiwin é coñecida e respectada como gardiá da historia oral, cancións, mapas, recordos, historias, xeometría e matemáticas.[2] ![]() Notas
Véxase tamén
Outros artigos |