Po (materia)Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Po.
![]() O po é o nome xenérico para as partículas sólidas con diámetro menor aos 500 micrómetros (500 μ) e, en forma máis xeral, ás pequenas partículas de materia. Na Terra, o po que se encontra na atmosfera provén de varias fontes como, por exemplo, do solo, levantado polo vento, das erupcións volcánicas, dos incendios e da contaminación atmosférica. O po disperso no aire considérase un aerosol, e pode ter efectos sobre as propiedades e comportamento da atmosfera fronte á radiación solar e efectos significativos no clima. O po é responsábel das pneumoconioses, enfermidades do pulmón producidas pola inhalación de determinadas partículas en suspensión (de asbesto: asbestose, de sílice: silicose etc.). O riscos destas doenzas determinaron a adopción, nos países desenvolvidos, dunha serie de leis que regulan as condicións ambientais nos lugares de traballo. |