Pioneiras da ciencia en Galicia

Pioneiras da ciencia en Galicia
Título orixinalPioneiras da ciencia en Galicia
Autor/aManuel Rey e Eduardo Rolland
OrixeGalicia
Linguagalego
ColecciónFeminismos
Tema(s)Mulleres na ciencia
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.12 de xaneiro de 2022
Formato135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto)
Páxinas250
ISBN978-84-9151-772-6
editar datos en Wikidata ]

Pioneiras da ciencia en Galicia é un ensaio de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, publicado en 2022 no marco da colección Feminismos editado por Editorial Galaxia. O volume trata o papel pioneiro das mulleres na ciencia en Galicia.

Características

Neste libro abórdase "o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, pois, a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, incluso, en que se dubidaba da capacidade intelectual das mulleres para poder entender as máis básicas cuestión da vida. No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…"[1] Porque como comentaba un dos autores nunha entrevista "Ter estas mulleres referentes e eses trazos da súa personalidade, tanto na actualidade como para o futuro, é moi necesario para alguén que queira seguir o seu camiño"[2]

Científicas incluídas

No libro recollen as biografías destas 25 pioneiras:

Notas

  1. "Pioneiras da ciencia en Galicia". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-06. 
  2. Clara Rial. "Manuel Rey: "Ter mulleres referentes na ciencia é moi necesario para alguén que queira seguir o seu camiño"". Nós Diario. Consultado o 2022-04-06. 

Véxase tamén

Ligazóns externas