Aida Fernández Ríos, nada en Vigo en 1947 e finada en Moaña o 22 de decembro de 2015,[1] foi unha bióloga galega, membro da Real Academia Galega de Ciencias.
Traxectoria
Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta.[2] Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en Bioloxía pola Universidade de Santiago.[3]
Incorporouse de novo ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, do que foi a súa directora entre 2006 e 2011. O seu labor investigador centrouse nos niveis de dióxido de carbono no mar, en particular do causada polo ser humano, e polos niveis de acidez dos océanos. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias, na súa sección de Bioloxía, e no seu momento foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez.
Vida persoal
Faleceu atropelada en Moaña[4][5].
Recoñecementos
En 2020 a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra organizaron a I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, co fin de promover o interese do público xeral e impulsar o labor científico levado a cabo en Galicia[6] con continuidade en 2021.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas