Pieter Sjoerds Gerbrandy

Modelo:BiografíaPieter Sjoerds Gerbrandy

(1942) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1885 Editar o valor en Wikidata
Goaiïngamieden, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOud Eik en Duinen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara de Representantes dos Países Baixos
23 de outubro de 1956 – 19 de marzo de 1959
Membro da Cámara de Representantes dos Países Baixos
27 de xullo de 1948 – 3 de xullo de 1956
Formateur (en) Traducir
8 de febreiro de 1945 – 22 de febreiro de 1945
Formateur (en) Traducir
1 de xullo de 1941 – 26 de xullo de 1941
Primeiro ministro dos Paises Baixos
3 de setembro de 1940 – 24 de xuño de 1945
← Dirk Jan de GeerWim Schermerhorn →
Formateur (en) Traducir
28 de agosto de 1940 – 30 de agosto de 1940
Minister of Justice (en) Traducir
1939 – 1942 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexas Reformadas Editar o valor en Wikidata
EducaciónVrije Universiteit Amsterdam
Universidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVrije Universiteit Amsterdam, catedrático de universidade (1930–1939) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Antirrevolucionario Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHendrina Elisabeth Sikkel Editar o valor en Wikidata
Premios

Discogs: 1922572 WikiTree: Gerbrandy-6 Editar o valor en Wikidata

Pieter Sjoerds Gerbrandy, nado o 13 de abril de 1885 en Goaiïngea e finado o 7 de setembro de 1961 na Haia, foi un avogado e político neerlandés que foi primeiro ministro do goberno neerlandés no exilio, durante a segunda guerra mundial, do 3 de setembro de 1940 ata o 24 de xuño de 1945

Traxectoria

Gerbrandy naceu nunha aldea preto de Snits en Frisia. Estudou na Universidade Libre de Ámsterdan, despois de se graduar en 1911 exerceu como avogado en Leiden e despois en Snits. En 1918 como capitán na reserva foi de voluntario á Haia para facer fronte á proclamación da revolución socialista polo líder socialista Pieter Jelles Troelstra. Entre 1920 a 1930 foi membro da asemblea provincial polo Partido Antirrevolucionario. Desde 1930 era profesor na Universidade Libre de Ámsterdan e en 1939 fora ministro de Xustiza no gabinete de Dirk Jan de Geer contra a recomendación do seu partido. Tras a invasión alemá en 1940, e o exilio da familia real e o goberno, polo seu rexeitamento da política derrotista de De Geer a raíña Guillermina nomeouno primieiro ministro do goberno neerlandés no exilio, servindo tamén como ministro de xustiza e colonias. Pola súa iniciativa comezou a emitir Radio Oranje que subministraba información á poboación neerlandesa baixo ocupación alemá e no que el emitía chamados á poboación. Despois da liberación du sur do país, ao marchar os ministros socialistas formou un novo goberno, estritamente subordinado ao goberno militar e tras a total liberación dos Países Baixos cesou nas súas funcións. Gerbrandy opúxose á chamada "política indonesia" e presidiu de 1946 a 1950 o Comité Nacional para a Preservación da Unidade do Reino, que se opuña á independencia de Indonesia. Entre 1948 e 1959 foi deputado no Parlamento, e en 1955 concedéronlle o título de Ministro de Estado e en 1956 estivo na coñecida como comisión Beel que se encargou do affaire Greet Hofmans e da súa relación coa Casa Real.

Véxase tamén

Ligazóns externas