Pibe

Modelo:BiografíaPibe

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAgustín Emanuel Pastoriza Cacabelos
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Adrogué, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2013   Pontevedra CF 7(1)
2014–   Real Betis Balompié B
2014–   Real Betis Balompié

Agustín Emanuel Pastoriza Cacabelos, máis coñecido como Pibe, nado en Adrogué, Buenos Aires, o 31 de xaneiro de 1996, é un futbolista galego-arxentino, que xoga de extremo esquerdo na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

Naceu na localidade de Adrogué, na provincia de Buenos Aires, sendo fillo de Alejandra Cacabelos, unha emigrante galega da parroquia cambadesa de Corvillón, e de Daniel Pastoriza, un exfutbolista arxentino.[1] O seu avó fora tamén futbolista, e xogara no Racing de Avellaneda. Con cinco anos trasladouse coa súa familia a Cambados, onde comezou a xogar ao fútbol pasando por varios equipos como o Juventud Cambados o Arousa ou A Seca.[2] Máis tarde entrou na canteira do Pontevedra CF e xogou co seu equipo xuvenil na División de Honra. O 17 de marzo de 2013 debutou co primeiro equipo da man do adestrador Milo Abelleira, nun partido da Terceira División contra o Barbadás en Pasarón (1-1).[3] Disputou o resto da tempada co Pontevedra B en Preferente e no verán fichou polo Betis.[4]

Integrado inicialmente no cadro xuvenil da Liga Nacional, asentouse logo no de División de Honra e o 18 de maio de 2014 debutou co primeiro equipo na Primeira División. O adestrador Gabriel Calderón deulle entrada na segunda parte dun partido contra o Osasuna, como substituto de Matilla.[5] Xogou unha tempada máis no xuvenil, compaxinándoo con algúns partidos co Betis B en Segunda B, e na tempada 2015/16 pasou a ser xogador con ficha do filial. Con todo, apenas dispuxo de minutos e en xaneiro de 2016 fichou por outro equipo filial, o Real Oviedo Vetusta, da Terceira División, onde xogou ata o remate da tempada.[6]

O 11 de agosto de 2016 fichou polo Coruxo, da Segunda División B. Militou no equipo vigués durante unha campaña e media, disputando 35 partidos e marcando un gol. En xaneiro de 2018 regresou ao Pontevedra, adestrado por Luismi.[7] No equipo do Lérez tampouco atopou regularidade, disputando só seis partidos como titular nun ano e medio, e en 2019 fichou polo Ourense CF, da Terceira División. No equipo do Couto fíxose coa titularidade na dianteira xunto a Adri Castro e marcou 10 goles.

No verán de 2020 deixou Galicia para fichar polo Burgos Promesas, filial do Burgos CF en Terceira.[8] Foi un dos xogadores máis destacados na primeira parte da tempada, pero os problemas económicos do club, que deixou de pagar os salarios aos futbolistas, fixeron que deixase o equipo en xaneiro.[9] Marchou entón a Finlandia, para fichar polo FC Inter Turku da Veikkausliiga, adestrado polo vigués José Riveiro.[10][11]

Militou durante menos de cinco meses no club finés, regresando a Galicia no mercado invernal, para incorporarse á disciplina do Arenteiro, da Segunda División RFEF.[12] Titular indiscutible no equipo dirixido por Fran Justo primeiro e Javi Rey despois, disputou todos os partidos dunha histórica campaña que culminou co título da Copa Federación e co ascenso á Primeira División RFEF.[13] Continuou como un fixo na seguinte campaña, na que o club verde acadou unha meritoria oitava praza. En xuño de 2024 puxo fin á súa etapa no Carballiño, despois de 91 partidos e 14 goles,[14] e asinou pola Cultural Leonesa, da mesma categoría.

Selección nacional

En 2014 debutou coa selección sub-20 da Arxentina, coa que disputou dous partidos amigables, contra Mauritania e Ecuador.[15]

Palmarés

Arenteiro

Notas

  1. "El cambadés Pibe, en la convocatoria del Betis para jugar hoy con el Osasuna" (en castelán). 18 de maio de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  2. Penedo, Pablo (22 de maio de 2014). "«Al tocar el balón me olvidé de que jugaba ante 20.000 personas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  3. "El extremo Pibe regresa a la casa granate". Diario de Pontevedra (en castelán). 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  4. "O cambadés Agustín Pastoriza "Pibe" ficha no Betis". 18 de xullo de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  5. Morán, Miguel A. (21 de maio de 2014). "Pibe: "Mi debut fue algo increíble, un momento muy emocionante"". Marca (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  6. "Pibe troca o filial do Betis polo do Oviedo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xaneiro de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  7. "El Pontevedra refuerza la zona ofensiva con la llegada de Pibe". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  8. Díaz, José Luis (11 de setembro de 2020). "Pibe se lleva la magia hasta Burgos". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  9. "La plantilla y el cuerpo técnico del Promesas denuncian los impagos" (en castelán). 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  10. "FC Inter hankki argentiinalaishyökkääjän – ”Nopea liikkeissään kentällä”" (en finés). 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  11. Hermida, T. (23 de xaneiro de 2021). "El cambadés Agustín Pastoriza “Pibe” ficha por el subcampeón de Finlandia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  12. "El CD Arenteiro incorpora defensa y delantero: oficializa a Pol Bueso y Pibe". Faro de Vigo (en castelán). 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  13. Otero, Manu (17 de abril de 2023). "Cinco ex granates obran co Arenteiro un histórico ascenso a Primera Federación". Pontevedra Viva. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  14. "Pibe non continúa no Arenteiro". 17 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  15. Penedo, Pablo (15 de agosto de 2014). "Pibe experimentó el «orgullo» de debutar con el escudo de Argentina". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2021. 

 Véxase tamén

Ligazóns externas