Peter Demens
Peter Demens (nado como Pyotr Alexeyevitch Dementyev, en ruso: Пётр Алексеевич Дементьев), nado o 1 de maioxul./ 13 de maio de 1850greg. e finado o 21 de xaneiro de 1919,[1] foi un nobre ruso que migrou en 1881 aos EUA e converteuse en propietario ferroviario e un dos fundadores da cidade de St. Petersburg, Florida. Primeiros anosPyotr A. Dementyev naceu nunha familia acomodada no raión Vesyegonsky, óblast de Tver, Rusia. Demens era un aristócrata ben formado e de ideas liberais, curmán entregue do Príncipe Romano, e capitán da Garda Imperial. O seu pai morreu cando era pequeno deixándolle dúas propiedades: unha preto da capital do tsar, San Petersburgo, e outra preto de Moscova.[2] A súa nai morreu cando tiña 4 anos.[2] Sábese que medrou nunha casa de pedra con serventes e converteuse no señor dos terreos da familia aos 17 anos.[2] Recibiu formación como gardamontes mentres xestionaba as numerosas propiedades da familia, o que lle sería de grande utilidade no futuro. Demens foi criado polo seu tío materno Anastassy Alexandrovich Kaliteevsky, mariscal do distrito nobre de Vesyegonsk, que se converteu no seu titor e en gardián das súas propiedades inmobiliarias.[3] Cando tiña 10 anos foi enviado a San Petersburgo a estudar no Gymnasium Nº 3.[3] Grazas ás súas boas notas Demens foi transferido á Primeira Escola Técnica, en San Petersburgo.[3] En 1867, converteuse en tenente de infantaría da garda do tsar.[2] Foi ascendendo de rango ata estar ao mando dos sentinelas do Palacio de Inverno e da casa do Príncipe herdeiro Alexandre.[2] Catro anos máis tarde dimitiu e dedicouse a ser terratenente.[2] Casou con Raisa Borisenko, que tamén era orfa e fora criada por familiares.[2] Foi elixido mariscal da nobreza municipal e fíxose un escritor cun estilo directo e activo no seu goberno rural.[2] É coñecido que Demens simpatizaba con líderes populistas e nunca tivo ideas radicais ou marxistas.[2] Comezou a falar abertamente do réxime tsarista e abandonou Rusia despois do asasinato do Tsar Alexandre II en 1881.[2] Nos Estados Unidos de AméricaEn maio de 1881, "deixando atrás a súa familia, [Demens] chegou en barco a Nova York, coa esperanza da promesa americana de mobilidade e oportunidade".[2] Dise que "pasou a viaxe polo mar a estudar un libro de texto de inglés".[2] "Chegado a Nova York con 3 000 dólares para comezar unha nova vida, Demens embarcou para Florida" ("pasando un día en Nova York antes de coller un tren ao laranxal do seu curmán en Jacksonvillle").[2] Como daquela a terra en Jacksonville era cara para el, Demens colleu "un vapor terra adentro, onde agardaba gañar máis diñeiro". Decidiu entrar no negocio da madeira ("investindo nun serradoiro e unha construtora en Longwood"),[4] e en 1885 estaba a prover de travesas á compañía de vía estreita Orange Belt Railway. Cando a compañía non puido pagar as súas débedas Demens fíxose coa concesión. Como dono da compañía, Demens "[estendeu] as vías para unir Kissimmee con Jacksonville e Tampa Bay."[2] (coa axuda de Hamilton Disston).[5] Demens endebedouse para completar a liña e vendeuna en 1889 a Henry B. Plant, dono dos ferrocarís Plant System. Demens co-fundou St. Petersburg con John Constantine Williams Sr. O 8 de xuño de 1888 o primeiro tren chegou á estación terminal do sur do Condado de Pinellas cun só pasaxeiro. O lugar non tiña nome oficial nin rúas ou beirarrúas. Despois de coller a palla máis curta Demen chamou ao lugar onde estaba a terminal St. Petersburg, como San Pertersburgo, na Rusia, onde pasara a metade da súa xuventude. Williams quería chamala Detroit, que máis tarde sería o nome do primeiro hotel da cidade. Morte e legadoPolo que se sabe, "os descendentes de Peter Demens agora viven en California e na Columbia Británica, [entre os que se atopan] un neto, Peter Demens Tolstoy (tamén sobriño neto do escritor Lev Tolstoy[6]); un bisneto, Greg Demens; e un tataraneto, Greg Demens."[4] O embarcadoiro Demens en St. Petersburg leva ese nome na súa honra.[7] En 1979 inaugurouse un monumento de granito en St. Petersburg na memoria do fundador da cidade. Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
|