Peig Sayers, nada no ano 1873 en Dún Chaoin (Condado de Kerry) e finada no ano 1958 en An Daingean, foi unha escritora e seanchaí (contacontos) irlandesa.
Obra
Sayers é principalmente coñecida pola súa autobiografía, Peig, aínda que tamén son importantes os contos e historias tradicionais que recompilou na súa publicación Machnamh Seanmhná/An Old Woman's Reflections.