Pedro Rielo Lamela, nado en Pontevedra o 3 de decembro de 1972, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.
Como xornalista ten colaborado, entre outros medios, no Diario de Pontevedra, El Progreso, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, O Correo Galego, Antena 3 TV e Galicia Hoxe.
Como escritor colaborou con poemas en revistas como Dorna, Microfisuras, Bravú e Barataria.
É empregado de Servicios Audiovisuales Overon e dende o 17 de setembro de 2012 é xornalista de directos para os programas informativos da Televisión de Galicia como os Telexornal, A Revista e o Bos Días.
Pedro Rielo é fillo de Paz Lamela Vilariño e sobriño dos cregos escritores Isaac Rielo Carballo e Nicanor Rielo Carballo.
Obra en galego
Poesía
Narrativa
Ensaio
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas