Pedro Américo de Figueiredo e Melo foi un pintor académico brasileiro do século XIX e tamén romancista e poeta.
Traxectoria
Nado en Areia, na entón provincia (hoxe estado) de Paraíba o 1843, mudouse para o Río de Xaneiro o 1854, onde obtivo unha bolsa de estudos na Academía Imperial de Belas Artes. Posteriormente concluíu os seus estudos en París, na École National Superiéure des Beaux-Arts, tornándose alumno de Jean Auguste Dominique Ingres, Jean-Hippolyte Flandrin e Carle-Horace Vernet e recibindo premios polos seus traballos. Ele obtivo o doutoramento en ciencias na Universidade de Bruxelas o 1868.
Retornando ao Brasil, produciu diversas obras primas, de entre elas a máis coñecida Independencia ou Morte, unha alegoría da proclamación da independencia brasileira polo príncipe Pedro. Tendo residido no Río de Xaneiro e tamén en Florencia, fez tamén carreira como profesor e historiador de arte.
Pedro Américo recibiu no exterior as honrarías de Cabaleiro da Coroa de Alemaña, e de Gran Cabaleiro da Orde Romana do Santo Sepulcro. Morreu en Florencia, o 7 de outubro de 1905. O seu corpo foi trasladado ao Brasil e sepultado en xaneiro de 2006 no Río de Xaneiro.