O peso do patacón era substancialmente menor que o do tálero estándar, que era o padrón monetario do Sacro Imperio romano. Producíase unha cuñaxe de nove pezas e media por marco de prata no canto de nove, polo que estas pezas contiñan 24,65 gramos de prata pura na súa aliaxe.[5]
Ademais da unidade emitíronse moedas fraccionarias con valores de medio, un cuarto, un oitavo (ou escalin) e un dezaseisavo de patagón.[6]
Etimoloxía
Na tradición alemá, o nome albertusthaler ("tálero de Alberte") asóciase co nome do gobernador dos Países Baixos e duque de BorgoñaAlberte VII de Austria, cuxo busto aparece representado nas primeiras series destas moedas.
Na tradición francesa coñécese como écu à la croix de Bourgogne, porque o tálero era unha moeda equivalente ao escudo francés (écu) e este en concreto, o patacón, caracterizábase por amosar nos seus reversos a Cruz de Borgoña, símbolo da soberanía española.
O termo "patacón" ou "patagón", que foi o que se impuxo en case todos os países (coas súas adaptacións idiomáticas), ten a súa orixe na palabraárabebataqa, forma apocopada da expresión abu taca, que literalmente significa "o pai da fiestra". Con esta orixe, a palabra española pataca comezou a estenderse por Europa (en provenzal: patac; en francés: pataque, en italiano: patacca), xunto co seu aumentativopatacón, como denominación da moeda española de oito reais cuñada nas colonias de América, de ampla circiulación internacional desde o século XVI, que nos seus inicios amosaba a imaxe do Vello e o Novo Mundo enmarcados entre as columnas de Hércules, que ás veces se entendían como o marco dunha fiestra. Esta moeda española foi a base de moedas de prata de gran módulo, como o tálero centroeuropeo ou o dólarestadounidense.[7][8][9]
O patacón orixinal (albertusthaler)
Os primeiros patacóns amosaben nos seus anversos as armas borgoñoas rodeadas pola lenda latina ALBERTUS ET ELISABETH D. G. ARCHIDUC. AUSTR. DUCES BURG. BRA. Z. ("Alberte e Isabel, pola graza de Deus, arquiduques de Austria, Borgoña, Brabante e Zelandia). Nos reversos, a cruz de Borgoña (derivada, nesta ocasión da de Santo André) formada por dúas polas cortadas e con abrochos, frondosas nos seus extremos, entrecruzadas nos seus centros, de onde pendura o colar da Orde do Vélaro de Ouro coa inscrición PACE ET IUSTITIA ("paz e xustiza").
A cuñaxe deste patacón orixinal ou albertustaler continuou nos Países Baixos ata o final da dominación española, cara ao ano 1700, e foi substituído nesta rexión polo tálero coñecido como kronentaler en 1755, a nova moeda de cambio establecida no territorio do Sacro Imperio Romano por María Tareixa I de Austria.[10]
No entanto, nas rexións de Livonia, Curlandia e Semigalia cumpriu esperar ata 1810 para ver este tipo de táleros aparecer entre as transaccións comerciais.[11]
↑Descrición do patagón. "Dictionnaire numismatique". En Migne, Jean-Paul. Encyclopédie théologique : ou, Série de dictionnaires sur toutes les parties de la science religieuse. Tomo 32. 1832 (en francés)
↑"Patagon". En Pierer's Universal-Lexikon. Altemburg. 1857-1865 (en alemán)
↑"Patacca". En Vocabulario Etimologico di Pianigini. Albrighi & Segati. 1907 (en italiano)
↑"Pataccone". En Vocabulario Etimologico di Pianigini. Albrighi & Segati. 1907 (en italiano)
↑"Pataca". En García de Diego, V. Diccionario Etimológico Español e Hispánico. Madrid, Ed. SAETA., 1956 (en castelán)
↑Pierer's Universal-Lexikon. Altemburg. 1857-1865. Páxina 837 (en alemán)
↑Pierer's Universal-Lexikon. Altemburg. 1857-1865. Páxina 18 (en alemán)