Pasaporte iroqués

O pasaporte iroqués ou haudenosaunee é unha forma de identificación, axencia cultural e "expresión da soberanía"[1] empregada polos membros das Seis Nacións ou Confederación Haudenosaunee. Moitas persoas das Primeiras Nacións consideran ofensivo ou mesmo racista verse obrigados a levar ou usar un pasaporte canadense ou estadounidense ou outros símbolos de soberanía baseados no sistema de Westfalia que non reflicten quen son.

Historia

O goberno haudenosaunee emitiu pasaportes dende polo menos 1923, cando as autoridades haudenosaunee emitiron un pasaporte ao líder Deskaheh do pobo cayuga para viaxar á sede da Liga das Nacións en Xenebra.[2] O pasaporte iroqués evolucionou a partir de negociacións co Departamento de Estado dos Estados Unidos de América, o Canadá, o Reino Unido e outros países e utilízase dende 1977.[3]

En 2005, o Xapón permitiu que unha delegación que viaxaba co pasaporte iroqués visitase ese país para o Congreso Mundial da Asociación Internacional para a Historia das Relixións.[4]

Non se acepta o pasaporte iroqués para entrar no Canadá. A comezos de 2010, unha delegación iroquesa de Kahnawake que asistiu a unha conferencia ambiental en Bolivia non puido regresar ao Canadá con este pasaporte, e quedaron no Salvador varias semanas antes de que se lles permitise, baixo escolta, transitar polos Estados Unidos.[5] O 18 de xuño de 2011, ocorreu outro incidente no porto de entrada de Cornwall, Ontario ao Canadá cando se confiscou o pasaporte haudenosaunee dunha muller mohawk de Akwesasne e tivo que utilizar un Certificado de Status Indio para cruzar a fronteira.[6] Cando se lle preguntou sobre este incidente, un voceiro da Axencia de Servizos Fronteirizos do Canadá confirmou que o pasaporte iroqués non figuraba na lista de identificacións aceptables do Canadá.[7]

En xullo de 2010, o Reino Unido non aceptou os pasaportes tribais do selección iroquesa de lacrosse para viaxar ao Reino Unido para o Campionato Mundial de Lacrosse de 2010.[8][9] O goberno dos Estados Unidos ofreceu emitir inmediatamente pasaporte dos Estados Unidos de América aos membros do equipo, e varios días despois de que esta oferta fose rexeitada, emitiu unhas exencións que permitirían que o equipo regresase aos Estados Unidos. Porén, o Reino Unido continuou negándose a emitir visados.[10] En xullo de 2018, Israel aceptou os pasaportes do equipo, suxeito ás garantías do goberno canadense de que se lles permitiría regresar ao Canadá con eles.[11][12] En agosto de 2022, Irlanda recoñeceu e aceptou os pasaportes haudenosaunee para o Campionato Mundial de Lacrosse Sub 21 de 2022.[13]

Validez

Ao longo da súa historia, tense cuestionado a validez dun pasaporte iroqués para varios propósitos, e o asunto está intrinsecamente relacionado co problema máis amplo da soberanía iroquesa. En xullo de 2010 o partido político soberanista Bloc Québécois expresou a súa oposición á validez do pasaporte, dicindo que un pasaporte só debería ser emitido por un país, non por unha nación. A Illa de Man emitiu advertencias públicas no que rexeita o documento como unha forma válida de identificación ou nacionalidade e considera aos seus titulares cidadáns estadounidenses ou canadenses,[14] e a Unión Europea non o recoñece como un documento de viaxe válido e emitiu directrices que indican que non se poden colocar visados ​​no pasaporte, excluíndo os titulares da área Schengen.[15][16] Ambos consideran o pasaporte iroqués como "pasaporte de fantasía", un documento emitido por unha minoría, unha seita, un grupo de poboación ou unha organización privada,[16]que segundo a Illa de Man non ten "ningunha autoridade e á que non se lle deu ningún recoñecemento oficial".[14]

Os gobernos dos Estados Unidos,[17] o Reino Unido[8] e o Canadá negáronse a endosar o documento como documento válido para viaxes internacionais. Ademais, o documento non aparece na lista de formas de identificación aceptables para cruzar ao Canadá.[6] Porén, o pasaporte iroqués tense utilizado con éxito para viaxes internacionais.[18]

Os pasaportes non cumpren os requisitos da Iniciativa de Viaxe do Hemisferio Occidental de 2009 para entrar nos Estados Unidos, aínda que están en curso as actualizacións.[19]

Pasaportes doutras nacións indíxenas

En 1977, un home do pobo cree chamado Fred Plains de Timmins, Ontario, Canadá, afirmou que entrou con éxito en Suecia cun pasaporte cree caseiro.[20]

Notas

  1. "Iroquois Nation passports have worked for years, attorney says". Syracuse Post-Standard. 14 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2010. 
  2. Toensing, Gale Courey (16 de xullo de 2010). "Iroquois Nationals forfeits first game". Indian Country Today. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. 
  3. Wallace, William (12 de xuño de 1990). "Putting Tradition to the Test". The New York Times. Consultado o 2010-01-12. 
  4. Gonyea, Wendy (1 de xuño de 2005). "Onondaga Communications Reports on 19th World Congress of the International Association for the History of Religions". Onondaga Nation. 
  5. Horn, Greg (1 de xuño de 2010). "Canada prevents Mohawks from returning home on Haudenosaunee passports". Kahnawake News. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Nease, Kristy (11 de xullo de 2011). "Iroquois passport seized at border: Mohawk woman to file human rights complaint". Ottawa Citizen. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2011. Consultado o 17 de xuño de 2024. 
  7. Blaze Carlson, Kathryn (11 de xaneiro de 2011). "Ottawa in 'explosive' situation over rejected Iroquois passport". National Post. Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  8. 8,0 8,1 Gross, Samantha (15 de xullo de 2010). "British decision halts Iroquois lacrosse visit". Rochester Democrat and Chronicle. Consultado o 15 de xullo de 2010. 
  9. Marshall, Tabitha (15 de agosto de 2013). "The Iroquois Nationals and the 2010 World Lacrosse Championships". The Canadian Encyclopedia. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  10. Kaplan, Thomas (16 de xullo de 2010). "Iroquois Defeated by Passport Dispute". The New York Times. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  11. "Iroquois Nationals face travel delays to World Lacrosse Championship over passport issues". CBC (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  12. "Iroquois Lacrosse Team Defies BDS to Reach Israel". B'nai Brith Canada. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  13. Kirst, Sean (13 de agosto de 2022). "Between Haudenosaunee and Ireland, lacrosse builds deep bond of respect". Buffalo News (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2022. 
  14. 14,0 14,1 "Public Warning: False Identity Documents". Isle of Man. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. 
  15. "Crossing borders". European Council. 
  16. 16,0 16,1 "Table of travel documents..." (PDF). 
  17. Wetenhall, John (13 de xullo de 2010). "Iroquois Lacrosse Team Prevented From Traveling to Championships". ABC News. 
  18. Dobnik, Verna; Dou, Eva (13 de xullo de 2010). "US rule could keep Iroquois from lacrosse tourney". Associated Press Newsfeed (Nova York). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2010. Consultado o 12 de xullo de 2010. 
  19. Benny, Michael (19 de xullo de 2010). "Iroquois spend $1.5 million to upgrade passports". Syracuse, NY: WSTM NBC3. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2010. 
  20. "Sweden accepted Cree's 'passport'". Montreal Gazette. 25 de agosto de 1977. Consultado o 17 de xullo de 2015. 

Read other articles:

Natrium iodida Natrium iodida Natrium iodida Sintilator NaI(Tl) Penanda Nomor CAS 7681-82-5 Y13517-06-1 (dihidrat) N Model 3D (JSmol) Gambar interaktif 3DMet {{{3DMet}}} ChEBI CHEBI:33167 Y ChEMBL ChEMBL1644695 N ChemSpider 5048 Y Nomor EC PubChem CID 5238 Nomor RTECS {{{value}}} UNII F5WR8N145C Y CompTox Dashboard (EPA) DTXSID2041125 InChI InChI=1S/HI.Na/h1H;/q;+1/p-1 YKey: FVAUCKIRQBBSSJ-UHFFFAOYSA-M YInChI=1/HI.Na/h1H;/q;+1/p-1Key: FV...

 

Radio stationRadio NacionalBroadcast areaSpainFrequencyAM: variousFM: variousDABDVB-TSatelliteProgrammingLanguage(s)SpanishFormatNews, current affairs, sport and talkNetworkRNEOwnershipOwnerRTVESister stationsRadio ClásicaRadio 3Ràdio 4Radio 5Radio ExteriorHistoryFirst air date19 January 1937; 87 years ago (19 January 1937)Former namesRNE (1937–1988)RNE 1 (1988–1999)Radio 1 (1999–2008)LinksWebsitertve.es/radio Radio Nacional is a Spanish free-to-air radio station owned an...

 

45th professional season of the top-flight football league in Mexico Football league seasonPrimera División de MéxicoSeason1986–87ChampionsGuadalajara (9th title)RelegatedLeónCobras de QuerétaroChampions' CupMoreliaCruz AzulMatches played434Goals scored1,024 (2.36 per match)← 1985–86 1987–88 → Statistics of the Mexican Primera División for the 1986–87 season. Overview It was contested by 21 teams, and Guadalajara won the championship. C.F. Cobras de Querétaro was promot...

3D computer graphics software This article is about the 3D graphics software. For the kitchen and laboratory appliance, see Blender. This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article may contain an excessive amount of intricate detail that may interest only a particular audience. Please help by spinning off or relocating any relevant information, and removing excessive detail t...

 

Warship type The Italian cruiser Partenope in 1895 A torpedo cruiser is a type of warship that is armed primarily with torpedoes. The major navies began building torpedo cruisers shortly after the invention of the locomotive Whitehead torpedo in the 1860s. The development of the torpedo gave rise to the Jeune École doctrine, which held that small warships armed with torpedoes could effectively and cheaply defeat much larger battleships. Torpedo cruisers fell out of favor in most of the ...

 

2014 Japanese anime series Sailor Moon Crystal美少女戦士セーラームーンCrystal(クリスタル)(Bishōjo Senshi Sērā Mūn Kurisutaru)GenreMagical girlCreated byNaoko Takeuchi Original net animationSeason I: Dark KingdomDirected byMunehisa SakaiProduced by Junichirō Tsuchiya Yū Kaminoki Written byYūji KobayashiMusic byYasuharu TakanashiStudioToei AnimationLicensed byAUS: Crunchyroll[a]NA: Viz MediaOriginal networkNiconico (webcast)Tokyo...

Species of plant in the family Proteaceae found across much of the southwest of Western Australia Candlestick banksia or biara B. attenuata, Margaret River Conservation status Vulnerable  (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Kingdom: Plantae Clade: Tracheophytes Clade: Angiosperms Clade: Eudicots Order: Proteales Family: Proteaceae Genus: Banksia Species: B. attenuata Binomial name Banksia attenuataR.Br.[2] Distribution of Banksia attenuata Synonyms[2] Ba...

 

تعتبر هواية جمع طوابع البريد من أكثر الهوايات انتشارًا في العالم وهي هواية تثقيفية تؤدي إلى اهتمام أصحابها بالتطورات التاريخية للبلد الذي يجمعوا طوابعها.[1][2][3] البدايات الأولى بيني بلاك أول طابع بريد في العالم بدأت الهواية مع إصدار أول طابع بريد في بريطانيا ع�...

 

English sprinter This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Isabel Le Roux – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2021) (Learn how and when to remove this message) Isabel Le R...

الفتحُ الإسلاميُّ لِلمغرب جزء من الفُتوحاتُ الإسلاميَّة والحُروبُ الإسلاميَّة البيزنطيَّة خريطة تُظهرُ زحف المُسلمين نحو المغرب آتين من مصر، خلال العهدين الراشدي والأُموي معلومات عامة التاريخ 22هـ \ 643م - 91هـ \ 709م الموقع المغرب (ليبيا وتونس والجزائر والمغرب حاليًّا) النت�...

 

Rock formation in Liège Province, Belgium The Richelsley, also written Richel Ley, is an 80-metre-long and up to 12-metre-high rock formation on the edge of the High Fens, part of the Eifel Mountains, in Belgium. It bears a large cross and is a well-known pilgrimage site. Ley is a German word for crag or rock. Name The name is supposed to have been given to it in the 12th century by Richwin, the founder of Richwinstein Castle, today Reichenstein Abbey. Geography Location The Richelsley is lo...

 

Kyoto Animation Co., Ltd.Nama asli株式会社京都アニメーションJenisKabushiki gaishaIndustriAnimasi JepangNovel ringanDidirikan1981; 43 tahun lalu (1981)KantorpusatUji, Prefektur Kyoto, Jepang[1]TokohkunciHideaki Hatta (Presiden)[2]Yoko Hatta (Wakil Presiden)[3]Karyawan130 (Oktober 2010)[4]AnakusahaAnimation Do (Osaka)[5]Situs webwww.kyotoanimation.co.jp Kyoto Animation Co., Ltd. (株式会社京都アニメーションcode: ja is depreca...

American politician George Washington HopkinsPortrait of Hopkins in 1893 bookMember of the Virginia House of Delegates from Washington CountyIn office1860–1861In office1850–1852Member of the U.S. House of Representativesfrom Virginia's 13th districtIn officeMarch 4, 1857 – March 3, 1859Preceded byLaFayette McMullenSucceeded byElbert S. MartinIn officeMarch 4, 1843 – March 3, 1847Preceded byWilliam SmithSucceeded byAndrew S. FultonChairman of the House Committee on Foreign ...

 

San Quirino di NeussStefan Lochner, San Quirino di Neuss, san Cornelio e santa Caterina d'Alessandria (circa 1435) Martire  NascitaI secolo Morte117 Venerato daChiesa cattolica Ricorrenza30 aprile Attributicavaliere con lancia, spada, falco e uno scudo a nove punte Patrono diNeuss, Gandino Manuale Quirino di Neuss (Roma, I secolo – Roma, 117) fu un tribuno romano vissuto tra il I ed il II secolo, che la tradizione cristiana ricorda come martire. Indice 1 Biografia 2 Voci correlate...

 

Ne doit pas être confondu avec Réforme grégorienne. Grégoire XIII. Christophorus Clavius. Le calendrier grégorien est un calendrier solaire conçu à la fin du XVIe siècle pour corriger la dérive séculaire du calendrier julien alors en usage. À la demande du pape Grégoire XIII, des mathématiciens et des astronomes jésuites des universités de Salamanque et de Coimbra préparaient les bases d'un nouveau calendrier depuis 1579. Adopté par Grégoire XIII, dans l...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 1909 Philippine Assembly elections – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2022) (Learn how and when to remove this message) 1909 Philippine Assembly elections ← 1907 November 2, 1909 1912 → All 81 seats in the Philippine A...

 

Japanese manga magazine Shōjo FriendJanuary 1, 1971 issue of Shōjo FriendCategoriesShōjo mangaFrequencyWeekly (1962–1974)Semimonthly (1974–1991)Monthly (1991–1996)Founded1962Final issueSeptember 1996CompanyKodanshaCountryJapanBased inTokyoLanguageJapanese Shōjo Friend (少女フレンド, Shōjo Furendo) was a shōjo manga magazine formerly published by Kodansha, beginning in 1962. Kodansha used the knowledge gained from publishing magazines aimed at young girls, includi...

 

圣若昂-迪伊拉塞马São João de Iracema市镇圣若昂-迪伊拉塞马在巴西的位置坐标:20°30′46″S 50°21′07″W / 20.5128°S 50.3519°W / -20.5128; -50.3519国家巴西州圣保罗州面积 • 总计177.906 平方公里(68.690 平方英里)海拔508 公尺(1,667 英尺)人口(2007) • 總計1,732人 • 密度9.74人/平方公里(25.2人/平方英里) 圣若昂-迪伊拉塞马�...

SC Corinthians Généralités Nom complet Sport Club Corinthians Paulista Surnoms Timão, L'équipe du peuple, Coringão, Le tout-puissant, Le blanc et noir du parc São Jorge, Campeão dos Campeões (Le champion des champions)[1], Mosqueteiro[2] Fondation 1er septembre 1910 Couleurs blanc et noir Stade Neo Química Arena (48 000 places) Siège Rua São Jorge 777 Tatuapé 03087-000 São Paulo/SP Championnat actuel Série A Président Augusto Melo Entraîneur Ramón Díaz Joueur le ...

 

Xem thêm thông tin: Vị thế chính trị Đài Loan và Lịch sử Đài Loan từ năm 1945 Quan hệ hai bờ eo biển Đài Loan Trung Quốc Đài Loan Nhiệm vụ ngoại giaoVăn phòng vấn đề Đài LoanHội đồng vấn đề Đại lụcQuan hệ hai bờ eo biển Đài LoanPhồn thể海峽兩岸關係Giản thể海峡两岸关系Phiên âmTiếng Hán tiêu chuẩnBính âm Hán ngữHǎixiá Liǎng'àn guānxìQuốc ngữ La Mã tựHaeshya Leang'ann gu...