Os iroqueses[1] ou haudenosaunee son unha histórica e poderosa confederación nativa americana do nordeste do continente. Eran coñecidos durante a era colonial francesa como Liga iroquesa, e posteriormente como Confederación iroquesa, mentres que os colonos ingleses referíanse a eles como Cinco nacións (antes de 1722) e Seis nacións, comprendendo os pobos mohawk, onondaga, oneida, cayuga, seneca e tuscarora.
Os iroqueses absorveron numerosos pobos á súa cultura como resultado de guerras, a adopción de prisioneiros e a acollida de pobos desprazados.
Os pobos históricos erie, conestoga, wyandot (huróns) e iroqueses de San Lourenzo, todos pobos independentes, falan tamén linguas iroquesas. Dende o punto de vista lingüístico, son considerados tamén pobos iroqueses polas similitudes lingüísticas e culturais; porén, eran inimigos tradicionais da Liga Iroquesa.[2]