Partidos xudiciais de Escocia
Os partidos xudiciais de Escocia, chamados en inglés sheriffdom, é a división territorial que opera nese país conforme a administración de xustiza. Dende 1975 existen en Escocia seis partidos xudiciais.
Na súa orixe, os partidos xudiciais de Escocia xurdiron como agrupación dos distintos condados, pero a eliminación destes e a implantación das rexións e dos distritos en 1975 perdeuse esta correspondencia. Cando o 1 de abril de 1996 entraron en vigor as áreas municipais, a actual unidade de división municipal, esta situación non se emendou.
Equivalencia dos partidos xudiciais
Partido xudicial
|
Condados conforme a repartición anterior a 1975
|
Rexións, illas e distritos (a partir do 16 de maio de 1975)
|
Áreas municipais (a partir do 1 de abril de 1996)
|
Glasgow e Strathkelvin
|
Parte do condado de Lanark incluíndo o distrito xudicial de Glasgow.
|
Os distritos de Glasgow e Strathkelvin
|
A área de Glasgow, parte de Dunbartonshire Oriental (distritos do 11 ao 26); e parte de Lanarkshire do Sur (distritos do 62 ao 74)
|
Grampian, Terra Alta e as Illas
|
Os condados de Inverness, Nairn, Ross e Cromarty, Moray, Caithness, Sutherland, Illas Órcadas, Illas Shetland, Aberdeen, Kincardine e Banff; e parte do condado de Argyll que comprende a Fort William
|
As rexións de Grampian e Terra Alta, e as áreas insulares de Illas Órcadas, Shetland e Illas Occidentais
|
Aberdeen, Aberdeenshire, Terra Alta, Moray, Illas Órcadas, Illas Shetland e Illas Occidentais
|
Lothian e Estremas
|
Os condados de Lothian Oriental, Lothian Central, Lothian Occidental, Berwick, Peebles, Roxburgh e Selkirk
|
As rexións de Lothian e Estremas
|
Edimburgo, Lothian Oriental, Lothian Central, Lothian Occidental e Estremas
|
Strathclyde do Norte
|
Os condados de Renfrew, Argyll (agás a parte que cae baixo a dependencia de Fort William, Dunbarton, Bute e a parte do condado de Ayr que corresponde a Kilmarnock
|
Os distritos de Argyll e Bute, Dumbarton, Clydebank, Bearsden e Milngavie, Renfrew, Eastwood, Inverclyde, Cunninghame e Kilmarnock e Loudoun
|
Argyll e Bute, North Ayrshire, Dunbartonshire Occidental, Inverclyde, Renfrewshire Oriental e Renfrewshire; parte de Ayrshire Occidental (distritos do 1 ao 20); e parte de Dunbartonshire Oriental (distritos do 1 ao 10)
|
Strathclyde do Sur, Dumfries e Galloway
|
Os condados de Dumfries, Kirkcudbright e Wigtwon; a parte do condado de Ayr que non corresponde a Kilmarnock
|
A rexión de Dumfries e Galloway,; os distritos de Monklands, Cumbernauld, Hamilton, Motherwell, East Kilbride, Kyle e Carrick e Cumnock e Doon Valley
|
Ayrshire do Sur, Dumfries e Galloway e Lanarkshire do Norte; parte de Ayrshire Oriental, (distritos do 21 ao 30) e parte de Lanarkshire do Sur (distritos do 1 ao 61)
|
Tayside, Central e Fife
|
Os condados de Perth, Angus, Stirling, Clackmannan, Fife e Kinross
|
As rexións de Tayside, Central e Fife
|
Angus, Clackmannanshire, Dundee, Falkirk, Fife, Perth e Kinross e Stirling (área municipal)
|
Funcionamento
Cada partido xudicial ten o seu xérif principal. Cada partido xudicial ten as súas divisións internas en distritos xudiciais con cadanseu xuíz (ou xérif) ou máis.
Véxase tamén
|
|