É o terceiro concello unitario de Escocia máis poboado, concentrándose a terceira parte da poboación en tres cidades, Kirkcaldy, Dunfermline e Glenrothes, sendo esta última a capital administrativa.
Historia
Historicamente foi un dos reinospictos da zona central de Escocia, coñecido como Fib. Por esta razón Fife é coñecido comunmente como "Reino de Fife".
Até 1975 foi un dos condados históricos en que estaba dividida Escocia, nalgunhas ocasións chamado Fifeshire.
Desde 1975 até 1996 formou unha das rexiónes de Escocia, que estaba dividida en tres distritos: Dunfermline, Kirkcaldy e North-East Fife.
En 1996 foi creado o concello de Fife mantendo as mesmas fronteiras.