Parabola GNU/Linux-libre
Parabola GNU/Linux-libre é un proxecto de software libre que ten como obxectivo proporcionar unha versión do Arch Linux completamente libre, con paquetes optimizados para i686, x86 64 e mips64. Parabola pretende que as ferramentas para a súa xestión e os paquetes sexan simples. O obxectivo é proporcionar total control sobre sistema con aplicacións 100% libres. Parabola GNU/Linux é recoñecido pola Free Software Foundation como un sistema operacional totalmente libre.[1] O desenvolvemento céntrase na simplicidade do sistema, a inclusión da comunidade no desenvolvemento e en ofrecer os paquetes máis recentes en software libre. O seu deseño lixeiro e simple, fai que sexa fácil de entender a calquera outro tipo de sistema que desexe construír. O contrato social do Parabola GNU/LinuxO contrato social do Parabola GNU/Linux é un compromiso da distribución coa comunidade de software libre en xeral, e dos seus usuarios en particular. É por iso que o seu "contrato social" pretende seguir a filosofía do coñecemento libre na súa totalidade. Ten como obxectivo que todas as alteracións a ese contrato social sexan fieis ao espírito do movemento do software libre. Este contrato indica que:
HistoriaParabola foi orixinalmente unha idea dos membros do canal de IRC en inglés da gNewSense en 2009. Nese mesmo ano, xuntáronse os membros de diferentes comunidades do Arch, especialmente da lingua española, aínda que persoas de máis países contribuíron tanto no desenvolvemento e manutención de software e documentación. Hoxe, a comunidade de Parabola está dispersa internacionalmente. O 20 de maio de 2011 o Parabola foi aceptada como unha distribución completamente libre polo proxecto GNU, cambiando parte da súa lista de distribucións de GNU/Linux libres.[5][6] Diferenzas có Arch LinuxO proxecto caracterízase por ofrecer apenas contido de software 100% libre nos repositorios oficiais do Arch Linux para as arquitecturas i686 e x86 84, ademais de proporcionar substitutos libres, cando fora posible, como no caso do kernel Linux-libre en vez de Linux. O proceso de filtrado elimina nos repositorios cerca de 400 paquetes de software que non cumpren as catro liberdades do software por cada arquitectura.[7] Desde o inicio de 2011 está sendo desenvolvido unha versión da distribución orientada para computadores que utilizan procesadores Loongson, que é un derivado da Arquitectura MIPS de 64 bits. Este desenvolvemento é realizado enteiramente polo proxecto da comunidade. CaracterísticasComo na distribución principal, Parabola usa o mesmo xestor de paquetes Pacman, e tamén é caracterizado por ser rolling release, é dicir, unha distribución que é constantemente actualizada, deste xeito os usuarios teñan sempre a versión mais recente do sistema. Hai dúas maneiras de obtelo, sexa por imaxes ISO instalables [8] ou migrando dun sistema do tipo Arch Linux instalado anteriormente modificando a lista de repositorios polos repositorios do Parabola.[9] A maioría dos seus paquetes son comprimidos usando o formato XZ, que usa o algoritmo LZMA. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|