Fundados e establecidos polo empresario inmobiliario Bruce Firestone, o equipo é a segunda franquía da NHL en empregar o nome de Ottawa Senators. Os Ottawa Senators orixinais, fundados en 1883, tiveron unha historia exitosa, gañando 11 Stanley Cups[a] e xogando na NHL dende a creación da liga en 1917 ata 1934. O 6 de decembro de 1990, logo dunha campaña de Firestone que se prolongara durante dous anos, a NHL concedeu unha nova franquía, que comezaría a competir na tempada 1992–93.[3] O actual propietario da franquía é Eugene Melnyk, e en 2016 esta tiña un valor estimado pola revista Forbes de 355 millóns de dólares estadounidenses.[4]
Os Senators clasificáronse para os play-offs da Stanley Cup en 15 das 19 últimas tempadas; teñen gañado catro títulos de división e, en 2003, o Presidents' Trophy; e disputaron as finais da Stanley Cup en 2007.
Otava foi a casa dos original Senators, unha das franquías fundadoras da NHL e once veces campioa da Stanley Cup. Logo da expansión da NHL aos Estados Unidos a finais da década de 1920, os Senators orixinais sufriron perdas financeiras que forzaron á franquía a trasladarse a St. Louis en 1934 baixo o nome de St. Louis Eagles mentors que o equipo sénior afeccionado do mesmo nome tomou o lugar dos Senators en Ottawa. O equipo da NHL en St. Louis non tivo éxito, e considerouse o regreso a Otava, mais a NHL decidiu no seu lugar suspender a franquía e transferir os xogadores a outros equipos da NHL.
Cincuenta e catro anos despois, logo de que a NHL anunciara os seus plans de expansión, o empresario inmobiliario Bruce Firestone decidiu xunto cos seus socios Cyril Leeder e Randy Sexton que Otava estaba entón preparada para manter unha franquía da NHL, e o grupo procedeu a propoñer unha oferta conxunta. A súa empresa, Terrace Investments, non tiña liquidez para financiar o custo da expansián da franquía e o equipo, mais o grupo concibiu unha estratexia. En 1989, logo de atopar un terreo axeitado nun terreo rural xusto ao oeste de Otava, en Kanata, no que construír un novo pavillón, Terrace anunciou a súa intención de adquirir unha franquía e lanzou a exitosa campaña "Bring Back the Senators” tanto para atraer ao público como para convencer á NHL de que a cidade podía acoller unha franquía da NHL. O apoio popular foi alto e o grupo puiso asegurar 11.000 entradas para a tempada.[5] O 12 de decembro de 1990, a NHL aprobou unha nova franquía para o grupo de Firestone, que comezaría a competir na tempada 1992–93.[6]
Primeiros anos (1992–1996)
O novo equipo contratou ao ex xogador da NHL Mel Bridgman, que non tiña experiencia administrativa previa, como o seu primeiro director xeral en 1992. O equipo inicialmente amosou o seu interese en contratar ao gañador do Jack Adams AwardBrian Sutter como o seu primeiro adestrador xefe, mais Sutter chegou cun alto prezo e mostrábase reticente a formar parte dun equipo de expansión. Cando Sutter asinou filamente como adestrador dos Boston Bruins, os Senators ficharon a Rick Bowness, o home ao que Sutter substituíu en Boston. Os novos Senators xogaron o seu primeiro partido o 8 de outubro de 1992 no Ottawa Civic Centre fronte aos Montreal Canadiens con numerosos espectáculos previos ao partido.[7] Os Senators derrotaron aos Canadiens 5–3 nun dos poucos puntos destacados desa tempada. A continuación da emoción inicial da vitoria no primeiro partido, o equipo fracasou e finalizou co peor rexistro da liga, gañando 10 partidos, perdendo 70 e empatando catro, finalizando con tan só 24 puntos, tres puntos mellor que o peor resistro histórico. Os Senators apuntaran baixo e consideraran a tempada 1992-93 un pequeno éxito, xa que Firestone establecera como un dos obxectivos para a tempada o de non establecer un nóvo récord de menos puntos nunha tempada na NHL. O plan a longo prazo era finalizar en posicións baixas da táboa durante os primeiros anos para conseguir boas seleccións no draft e finalmente competir pola Stanley Cup.[8]
Os Senators xogaron os seus partidos como locais no Ottawa Civic Centre dende 1992 ata 1996.
Bridgman foi despedido logo dunha tempada e o presidente do equipo Randy Sexton asumiu as funcións de director xeral. O propio Firestone pronto deixou o equipo e Rod Bryden xurdiu como novo propietario. A estratexia de punter baixo e asegurarse boas eleccións no draft non mudou. Os Senators finalizaron na derradeira posición da liga as tres tempadas seguintes. A pesar de que a primeira selección do draftAlexandre Daigle terminou sendo un dos mellores proxectos do ‘’draft’’ na historia da NHL,[9] escolleron a Radek Bonk en 1994, Bryan Berard (intercambiado por Wade Redden) en 1995, Chris Phillips en 1996 e Marián Hossa en 1997, todos eles convertéronse en sólidos xogadores da liga e formaron un núcleo forte de xogadores nos anos seguintes. Alexei Yashin, a primeira elección no draft da historio da franquía en 1992, xurdiu como unha das estrelas novas máis destacadas da liga. O equipo intercambiou a moitos dos seus mellores xogadores veteranos da época, incluído o líder de anotación na templada 1992-93 Norm Maciver e os favoritos da afección Mike Peluso e Bob Kudelski nun intento por acumular posibilidades e eleccións no draft.
Cando comezou a tempada 1995–96, o centro estrela Alexei Yashin negouse a cumprir o seu contrato e non xogou. En decembro, logo de tres anos consecutivos finalizando na derradeira posición e cun equipo que foi ridiculizado na liga, a afección comezaron a inquedarse esperando que o plan a longo prazo do equipo producira resultados, e a asistencia ao pavillón comezou a descender. Rick Bowness foi despedido a finai de 1995 e foi substituído polo adestrador xefe dos Prince Edward Island SenatorsDave Allison. A Allison non lle iría mellor que ao seu predecesor, e o equipo finalizou cun rexistro de 2–22–3 baixo a súa dirección. O propio Sexton foi despedido e substituído por Pierre Gauthier, o antigo director xeral asistente dos Anaheim Ducks.[10] Antes do final do mes de xaneiro de 1996, Gauthier resolvera os problemas máis urxentes do equipo resolvendo a disputa contractual co xogador estrela Yashin, e contratando ao ben considerado Jacques Martin como adestrador xefe.[11] Mentres que os Senators finalizaron na derradeira posiciín unha vez máis, a tempada 1995-96 finalizou cun renovado optimismo, debido en parte ás melloras na xestión e o adestramento, e tamén á aparición dun novato descoñecido procedente de Suecia chamado Daniel Alfredsson, que gañaría o Calder Memorial Trophy como ‘’Rookie’’ do ano na NHL en 1996.[12]
Era de Jacques Martin (1996–2004)
No ‘’draft’’ da NHL de 2001, os Senators adquiriron a Zdeno Chara nun intercambio cos New York Islanders que involucrou a varios xogadores
Martin imporía unha filosofía fundamentada nunha forte defensa que levou ao equipo a clasificarse para os play-offs en todas as tempadas nas que permaneceu no banco, mais foi criticado polo escaso exit do equipo nas series eliminatorias, especialmente por perder catro series consecutivas fronte aos seus rivais provinciais, os Toronto Maple Leafs.[13] Martin sobreviviu a varios trocos de directores gerais e un cambio de propietario.
Na tempada 1996-97, a súa primeira tempada, o equipo clasificouse para os play-offs no último partido da liga regular, e estivo a piques de derrotar aos Buffalo Sabres na primeira rolda. Na tempada 1997–98, o equipo finalizou co seu primeiro resistro gañador e dorrotou aos New Jersey Devils, que partían como claros favoritos, para gañar as súas primeiras series.[12] Na tempada seguinte, os Senators saltaron dende o 14º posto da liga na tempada anterior ao terceiro posto, con 103 puntos—a primeira tempada de máis de 100 puntos da historia do equipo, aínda que foron varridos na primeira rolda dos play-offs. Na tempada 1999-00 a pesar do rechazo do capitán do equipo Alexei Yashin, Martin guiou ao equipo aos play-offs, aínda que caeron fronte aos Maple Leafs na primeira rolda.[14][15] Yashin regresou na 2000-01 e o equipo mellorou gañando a súa división e finalizando segundo na Conferencia Leste. Yashin xogou mal nunha nova derrota do equipo na primeira rolda[16] e o día do draft de 2001, foi traspasado aos New York Islanders a cambio de Zdeno Chára, Bill Muckalt e a segunda elección no draft, que Ottawa empregou para seleccionar ao centro Jason Spezza.[17]
Na tempada 2001-02 o total de puntos dos Senators na ligar regular caeu, mais nos play-offs, conseguiron derrotar aos Philadelphia Flyers para lograr a súa segunda vitoria nunhas series. Con todo os Sens perderían no sétimo partido da segunda rolda dos play-offs. A pesar das especulacións de que Martin sería despedido, foi o director geral Marshall Johnston o que deixou o equipo,[18] sendo substituído por John Muckler, o primeiro dos Senators con experiencia previa como director xeral.[19]
Na tempada 2002-03 os problemas fora do xeo dominaron os titulares, xa que os Senators declaráronse en bancarrota a mediados da tempada, mais continuaron a competir despois de obter financiamento de emerxencia.[20] A pesar dos problemas extradeportivos, o equipo tivo unha tempada sobresaliente, finalizando na primeira posición da liga e gañando o Presidents' Trophy. Nos play-offs, estiveron a un partido de chegar ás finais.[21] Antes da tempada 2003-04, o multimillonario farmacéutico Eugene Melnyk comprou o equipo para darlle estabilidade financeira.[22] Martin levaría ao equipo de novo a unha boa liga regular, mais de novo perderon na primeira rolda dos play-offs, o que levou á destitución de Martin, xa que a xerencia considerou que o equipo precisaba un cambio de adestrador para conseguir o éxito nos play-offs.[23]
Aínda que os Ottawa Senators modernos ingresaron na NHL en 1992, a rivalidade entre os dous equipos non se iniciou ta finais da década de 1990. Dende 1992 ata 1998, os Sens e os Leafs xogaban en conferencias diferentes (Leste e Oeste respectivamente), o que significaba que non xogaban moitos partidos entre si. Con todo, antes da tempada 1998-99, reformuláronse as conferencias e as división, trasladando a Toronto á Northeat Division da Conferencia Leste co equipo de Otava. Entre o ano 2000 e o 2004, ambos equipos xogaron catro series eliminatorias e os Leafs gañáronas todas.[24] Debido en parte á cantidade de seareiros dos Leafs que viven no val de Otava, e en parte pola proximidade da cidade de Toronto, os partidos Leafs-Senators no Canadian Tire Centre en Otava teñen unha audiencia máis neutral.[25]
Enfrontamentos entre os Senators e os Maple Leafs nas series eliminatorias[b]
O logotipo dos Ottawa Senators orixinais, empregado como logotipo alternativo.
As cores do equipo son o vermmello, o negro e o branco. A camisola visitante é maioritariamente de cor branca con adornos vermellos e negros, mentres que a camisola local é vermella con adornos brancos e negros. O logotipo oficial é a cabeza dun xeneral romano, un membro do senado da República Romana,[26] proxectado dende un círculo dourado. O orixinal, presentado o 23 de maio de 1991, describiu o xeneral como unha "figura de centurión, forte e prominente" segundo o seu deseñador, Tony Milchard.[26] O deseño actual da camisola foi presentado o 22 de agosto de 2007, xunto coa adopción por parte de todas as franquías da liga das camisolas Rbk EDGE de Reebok para a tempada 2007–08.[27] A camisola incorpora o logotipo do 'O' dos Senators orixinais nun parche no ombreiro. Ao mesmo tempo o equipo actualizou os seus logotipos e mudou o seu uso. O logotipo principal, segundo o propietario do equipo Eugene Melnyk, "representa forza e determinación" é unha actualización do antigo logotipo secundario.[28] O antigo logotipo principal converteuse no secundario e só aparece na mercadotecnia dos Senators.[27]
En 2011 os Senators introduciron o actual deseño da súa terceira equipación. Principalmente de cor negra, a camisola incorpora raias horizontais como reminiscencia do deseño de barbeiro dos Senators orixinais. Agregáronse parches tipo escudo aos ombreiros. O deseño destes parches foi creado para ser similar aos parches que os Senators orixinais engadiron ás súas camisolas despois de cada campionato da Stanley Cup. Nos parches aparece escrito o nome do equipo, un en inglés, e outro en francés. O deseño foi unha obra colaborativa entre os Senators e un seareiro de Gatineau (Quebec) que fixera circular unha versión deste en Internet dende 2009.[29]
Sens Army
Os seareiros dos Senators son coñecidos como o Sens Army.[30] Como a maioría dos seareiros de hóckey, son coñecidos por disfrazarse para os partidos; algúns como lexionarios romanos. Nos play-offs da tempada 2006-07, máis seareiros que nunca vestiron de vermello, e as actividades dos afeccionados incluíron os denominados 'Red Rallies' de coches decorados, concentracións de seareiros na praza do concello de Otava e o denominado 'Sens Mile' en Elgin Street, onde os fans se congregarían.[31]
O primeiro pavillón dos novos Senators foi o Ottawa Civic Centre, situado en Bank Street, onde o equipo xogou dende a tempada 1992–93 ata xaneiro da tempada 1995–96.[32] Xogaron o seu primeiro partido como locais o 8 de outubro de 1992 fronte aos Montreal Canadiens con numerosos espectáculos previos ao partido.[33] Os senators derrotaron aos Habs nun dos poucos puntos destacados da tempada. O último partido dos Senators no Ottawa Civic Centre disputouse o 31 de decembro de 1995, e nel os locais perderon fronte aos Tampa Bay Lightning por 3 goles a 0.[34] O pavillón ten capacidade para 9.862 espectadores e dende 1967 é a casa dos Ottawa 67's da Ontario Hockey League (OHL).[35]
Personalidades
Xogadores
Capitáns
Dende a súa primeira tempada, o equipo dos Senators tivo nove capitáns. O primeiro capitán da historia da franquía foi nomeado na tempada 1992-93, a primeira da historia da franquía, e foi o canadense Laurie Boschman. Dende 2014 é o sueco Erik Karlsson o que exerce de capitán do equipo. Excepto tres, todos os capitáns do equipo naceron no Canadá, sendo o ruso Alexei Yashin o primeiro xogador non canadense en ser nomeado capitán do equipo de Otava na tempada 1998-99. O segundo xogador non nado no Canadá en ser nomeado capitán foi o sueco Daniel Alfredsson, que foi o xogador que máis anos exerceu de capitán cun total de catorce. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[36]
Alexei Yashin (coa camisola do SKA San Petersburgo) foi o primeiro xogador seleccionado polos Senators no draft en 1992.
Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Dende a súa fundación en 1992, os Senators escolleron 28 xogadores na primeira elección do draft. A maior parte das veces escolleron un único xogador, agás en 2001 e 2015 cando escolleron dous xogadores, 2011 cando escolleron tres xogadores, e 2010 e 2014 cando non escolleron ningún xogador na primeira rolda. Nos seus 25 anos de historia a franquía foi tres veces o primeiro equipo en escoller, sendo os tres xogadores elixidos na primeira rolda Alexandre Daigle (1993), Bryan Berard (1995) e Chris Phillips (1996). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Ottawa Senators:[37]
Dende a refundación da franquía, o xogador que máis partidos vestiu a camisola dos Sens foi Chris Phillips, que disputou un total de 1179 partidos coa franquía de Otava, un máis que o suecoDaniel Alfredsson, que é o máximo puntuador da historia da franquía con 1108 puntos en 1178 partidos cos Sens. Alfredsson é tamén o máximo goleador (426 goles) e o xogador con máis asistencias (682) da historia da franquía dende a súa refundación. A seguinte táboa mostra os dez máximos puntuadores da franquía, sendo Erik Karlsson o único deles que está en activo na franquía na tempada 2017-18:[38]
Os Senators retiraron dous números en honor a dous xogadores.[39] Con todo, só Daniel Alfredsson xogou no equipo dende a súa refundación en 1992, mentres que Frank Finnigan foi xogador dos Senators orixinais.
1 Finnigan foi homenaxeado polo período que xogou entre 1923 e 1934 nos Ottawa Senators orixinais (como á dereita, 1923–31 e 1932–34). Foi o último Senator sobrevivente do equipo que gañou a Stanley Cup en 1927 e participou na campaña 'Bring Back The Senators'.
Dende a refundación dos Senators e o seu ingreso na NHL o equipo tivo un total de 11 adestradores distintos. O primeiro adestrador dos novos Senators foi Rick Bowness, quen se faría cargo do equipo nas catro primeiras tempadas do equipo, sen conseguir clasificalo para os play-offs en ningunha delas e sendo cesado antes de finalizar o seu cuarto ano no banco. O adestrador que máis partidos dirixiu o equipo foi Jacques Martin, cun total de 692 encontros no banco en liga regular e 69 nas series eliminatorias, dirixindo ao equipo durante nove tempadas interrompidas só polos dous últimos partidos partidos da tempada 2001-02 que dirixiu Roger Neilson para chegar á marca dos 1.000 partidos adestrados.[42] Con tood, foi en 2007, con Bryan Murray, cando o equipo conseguiu o seu maior éxito ata o momento, chegando ás finais da Stanley Cup, onde caeron derrotados fronte aos Anaheim Ducks en cinco partidos (4-1).[43] A continuación os rexistros dos distintos adestradores que dirixiron aos Senators na NHL:[44]
Bryan Murray foi o sétimo director xeral na historia da franquía e a persoa que máis tempo ocupou o cargo.
Dende a súa creación, os Senators tiveron oito directores xerais. O primeiro director xeral foi Mel Bridgman, mentres que Bryan Murray foi a persoa que máis tempo ocupou o posto de director xeral da refundada franquía de Otava con nove anos entre 2007 e 2016. Os directores xerais da franquía foron:[44]
En toda a historia dos novos Senators tan só dúas personalidades ligadas á franquía foron introducidas no Hockey Hall of Fame:[55]
Roger Neilson – adestrador asistente dos Senators a adestrador xefe (2001–2003) foi introducido (na categoría de "construtures) o 4 de novembro de 2002, pola súa carreira como adestrador.
Dominik Hašek – o porteiro checo dos Senators (2005–2006) foi introducido en 2014 pola súa carreira como porteiro.
Trofeos
Trofeos colectivos
O Presidents' Trophy, entregado ao mellor equipo da liga regular, trofeo que os Senators gañaron na tempada 2002-03.
Presidents' Trophy
A primeira vez que se entregou este trofeo ao mellor equipo da liga regular foi na tempada 1985-86.[56] Dende a súa refundación os Senators gañaron unha vez o Presidents' Trophy:[57]
O Prince of Wales Trophy é o trofeo da NHL que máis veces mudou o seu significado. Actualmente é o trofeo outorgado ao campión da Conferencia Leste. Os Senators gañaron este galardón nunha ocasión ao longo da súa historia:[58]
O trofeo King Clancy premia cada ano o xogador que demostrou o mellor exemplo de liderado dentro e fóra da pista e contribuíse á sociedade. Un xogador dos Senators gañou este galardón na historia da franquía:[60]
O trofeo Bill Masterton é un premio outorgado ao xogador que mellor exemplifica os valores de perseveranza e espírito de equipo. Craig Anderson é o único xogador na historia da franquía que gañou o galardón:[61]
Patrocinado por Bridgestone, o premio Mark Messier é outorgado ao líder no xeo, ao motivador do equipo e pola súa adicación á comunidade. Un xogador dos Senators gañou este premio dende a súa creación na tempada 2006-07:[62]
Ao final da tempada, o mellor defensor da NHL recibe o trofeo James Norris.[65] Os único defensor dos Senators que ten conseguido o trofeo foi Erik Karlsson:
O premio Plus/Minus da NHL foi concedido entre 1983 e 2007 ao xogador con mellor rexistro de plus/minus. Wade Redden foi o único xogador dos Flames que conseguiu o galardón na historia da franquía:[66]
↑o 12 de decembro de 1990 a NHL aprobou unha nova franquía para o grupo Firestone para comezar a xogar na tempada 1992-1993]
↑Scanlan, Wayne (9 de outubro de 1992). "Maybe Rome was built in a day; Senators in stunning 5–3 debut victory over Habs; 10,449 fans went wild and it was magical". Ottawa Citizen. pp. A1.
↑Warren, Ken (12 de decembro de 1995). "Gauthier takes over Senators' helm". Ottawa Citizen. pp. C2<!—None-->
↑MacGregor, Roy (25de xaneiro de 1996). "Promise and pain at the Palladium: Finally, Senators find the spark; Fans love new coach and his new ways". Ottawa Citizen. pp. A1<!—None-->
↑Panzeri, Allen (27 de abril de 2000). "Criticism stings Martin: Senators' coach defends club's playing style, coaching approach". Ottawa Citizen. pp. F1.
↑Feschuk, Scott (13 de abril de 2000). "Battle of Ontario is a lame name, no butts about it". National Post. pp. B16.
↑"Between Leafs and Dogs, fans savour hockey feast". The Hamilton Spectator. 26 de abril de 2000. pp. A14.
↑Shoalts, David (19 de abril de 2001). "Toronto sweeps theories". The Globe and Mail. pp. B1<!—None-->
↑"Sens dump headache, get scorer". Sudbury Star. 24 de xuño de 2001. pp. B1.
↑Warren, Ken (18 de maio de 2002). "Senators keep coach, but GM is leaving: Johnston opts to go". National Post. pp. S2<!—None-->
↑Naylor, David (13 de xuño de 2002). "Mlakar makes Muckler GM, best man". The Globe and Mail. pp. D2.
↑"Ottawa could lose Sens: NHL club files for bankruptcy protection, franchise may leave town". Kingston Whig-Standard. 10 de xaneiro de 2003. p. 17.
↑Kyte, Jim (7 de xuño de 2003). "Senators edged by the better team". Ottawa Citizen. pp. F2.
↑"Billionaire Melnyk reaches deal to purchase Senators". The Gazette. 28 de abril de 2003. pp. C2.
↑Scanlon, Wayne (23 de abril de 2004). "Creator and victim of high expectations". Ottawa Citizen. pp. A1.
↑"Sens Army". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2007. Consultado o 2 de xaneiro de 2008.
↑Wharton, David (4 de xuño de 2007). "Senators have tradition that O.C. fans can't touch; Normally buttoned-down capital city has exploded in a sea of red Sens fans". Edmonton Journal.
↑Scanlan, Wayne (0 de outubro de 1992). "Maybe Rome was built in a day; Senators in stunning 5–3 debut victory over Habs; 10,449 fans went wild and it was magical". Ottawa Citizen(en inglés). p. A1.
Carola HäggkvistCarola pada Mei 2013Informasi latar belakangNama lahirCarola Maria HäggkvistLahir8 September 1966 (umur 57)AsalStockholm, SwediaGenrePop, gospel, schlagerPekerjaanPenyanyi, penulis laguTahun aktif1983–sekarangLabelSonetArtis terkaitAndreas JohnsonSitus webwww.carola.com Carola Maria Häggkvist (pengucapan bahasa Swedia: [ka²ɾoːla ²hɛɡkvɪst]; lahir 8 September 1966), yang lebih dikenal sebagai Carola, adalah seorang penyanyi dan penulis lagu asal Swedia. Ia...
Agapanthia annularis Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Subfamili: Lamiinae Tribus: Agapanthiini Genus: Agapanthia Spesies: Agapanthia annularis Agapanthia annularis adalah spesies kumbang tanduk panjang yang tergolong famili Cerambycidae. Spesies ini juga merupakan bagian dari genus Agapanthia, ordo Coleoptera, kelas Insecta, filum Arthropoda, dan kingdom Animalia. Larva kumbang ini biasanya mengebor ke dalam kayu dan...
الأناركية الإيطالية هي حركة ابتدأت بشكل رئيسي بتأثير من ميخائيل باكونين،[1] وغويسبي فانيلي، وإريكو مالاتيستا. تلتقي الأناركية الإيطالية بجذورها بالأناركية الجماعية، وتتوسع لتشمل الأناركية الفردية اللاقانونية، والنقابية اللاسلطوية، وخصوصًا الشيوعية الأناركية. اشت...
Building in Ontario, CanadaSir John Carling BuildingGeneral informationStatusDemolishedArchitectural styleModernistAddress930 Carling AvenueTown or cityOttawa, OntarioCountryCanadaCoordinates45°23′39″N 75°42′39″W / 45.39417°N 75.71083°W / 45.39417; -75.71083Completed1967Closed2009DemolishedJuly 13, 2014, at 06:59 amOwnerPublic Works and Government Services CanadaTechnical detailsStructural systemReinforced concreteMaterialPrecast claddingFloor count11Floor ...
هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (مايو 2024) أحمد بن ناصر القعيمي معلومات شخصية الميلاد سنة 1973 (العمر 50–51 سنة) الأحساء...
يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) سباق جائزة لا مارسيليس الكبرى 2013 تفاصيل السباقسلسلة34. سباق جائزة لامارسييز الكبرىمسابقاتطواف أوروبا لل�...
This section tabulates the heads of qualification in a form suitable to be filled in as events progress. The full qualification rules[1] for basketball published by FIBA contain intricate conditions too lengthy for inclusion in Wikipedia. Basketball at the2024 Summer OlympicsBasketballQualificationmenwomenTournamentmenwomenRostersmenwomen3x3 basketballQualificationmenwomenTournamentmenwomenvte The women's 3x3 qualification for the Olympic basketball tournament occured between Novembe...
Italian cyclist (1882–1949) Carlo GalettiCarlo GalettiPersonal informationFull nameCarlo GalettiNicknameLo Scoiattolo dei Navigli (The Squirrel of the Canals), The Human Stopwatch[1]Born(1882-08-26)26 August 1882Corsico, ItalyDied2 April 1949(1949-04-02) (aged 66)Milan, ItalyTeam informationRoleRiderProfessional teams1901–1905Individual1906–1907Rudge Whitwort/OTAV1908Alycon/Atala1909Legnano/Rudge Whitworth-Pirelli1910Medusa1911Bianchi1912Atala/Senior-Polack1913...
Circa 24,000–16,000 BCE; most recent era when ice sheets were at their greatest extent A map of sea surface temperature changes and glacial extent during the last glacial maximum, according to Climate: Long range Investigation, Mapping, and Prediction, a mapping project conducted by the National Science Foundation in the 1970s and 1980s The Last Glacial Maximum (LGM), also referred to as the Last Glacial Coldest Period,[1] was the most recent time during the Last Glacial Period wher...
Cakram optis Umum Cakram optis Penggerak cakram optis Optical disc authoring Authoring software Teknologi perekaman Recording modes Packet writing Burst cutting area Jenis cakram Compact disc (CD): CD-DA, CD-ROM, CD-R, CD-RW, 5.1 Music Disc, Super Audio CD (SACD), Photo CD, CD Video (CDV), Video CD (VCD), Super Video CD (SVCD), CD+G, CD-Text, CD-ROM XA, CD-i, MIL-CD, Mini CD DVD: DVD-R, DVD+R, DVD-R DL, DVD+R DL, DVD-R DS, DVD+R DS, DVD-RW, DVD+RW, DVD-RAM, DVD-D, DVD-A, HVD, EcoDisc, MiniDVD...
Arts council of the Government of Canada Canada Council for the ArtsCouncil overviewFormed1957TypeArts councilJurisdictionGovernment of CanadaHeadquarters150 Elgin StreetOttawa, OntarioCouncil executivesJesse Wente, ChairMarie Pier Germain, Vice-ChairMichelle Chawla, Director and Chief Executive OfficerParent departmentDepartment of Canadian HeritageKey documentCanada Council for the Arts ActWebsitecanadacouncil.ca The Canada Council for the Arts (French: Conseil des arts du Canada), commonly...
1931 film The SqueakerDirected byMartin FričKarel LamačWritten byEdgar Wallace (novel)Rudolph CartierEgon EisOtto EisProduced byKarel LamačStarringLissy ArnaKarl Ludwig DiehlFritz RaspCinematographyOtto HellerEdited byAlwin EllingHeinz RitterProductioncompanyOndra-Lamac-FilmDistributed bySüd-FilmRelease date 30 July 1931 (1931-07-30) Running time70 minutesCountryGermanyLanguageGerman The Squeaker (German: Der Zinker) is a 1931 German crime film directed by Martin Frič and ...
У этого термина существуют и другие значения, см. Дождь (значения). Запрос «Грибной дождь» перенаправляется сюда; также см. Грибной дождь (фильм). Дождь в Мексике До́ждь — атмосферные осадки, выпадающие из облаков в виде капель жидкости со средним диаметром от 0,5 до 6—7...
Buyid amir of Iraq from 1027 to 1044 Jalal al-DawlaAmir of Iraq Amir al-umaraReign1027–1044PredecessorMusharrif al-DawlaSuccessorAbu KalijarBorn993 or 994DiedMarch 1044IssueAl-Malik al-AzizAbu Mansur AliUnnamed daughterNamesLaqab: Jalal al-DawlaKunya: Abu TahirGiven name: Firuz KhusrauFatherBaha' al-DawlaReligionShia Islam Abu Tahir Firuz Khusrau (Persian: ابوطاهر فیروزخسرو), better known by his laqab of Jalal al-Dawla (993 or 994 – March 1044), was the Buyid amir of Iraq ...
Del suo veloce volosingolo discograficoScreenshot tratto dal video del branoArtistaFranco Battiato, Antony and the Johnsons Pubblicazione12 novembre 2013 Durata4:03 Album di provenienzaDel suo veloce volo GenerePop EtichettaUniversal Music RegistrazioneArena di Verona, 2 settembre 2013 Formatidownload digitale Franco Battiato - cronologiaSingolo precedentePassacaglia(2012)Singolo successivo— Antony and the Johnsons - cronologiaSingolo precedenteCut the World(2012)Singolo successivo— Del s...
French physicist, philosopher and author Bernard d'EspagnatBernard d'Espagnat receiving the Templeton Prize from the Duke of Edinburgh, Buckingham Palace in 2009.Born(1921-08-22)22 August 1921Fourmagnac, Midi-Pyrénées, FranceDied1 August 2015(2015-08-01) (aged 93)Paris, FranceNationalityFrenchAlma materSorbonneAwardsTempleton Prize (2009)Scientific careerFieldsPhysicsInstitutionsSorbonneDoctoral advisorLouis de BroglieDoctoral studentsMary K. Gaillard Bernard d'Espagnat (22 August...
Art of persuasion For the work by Aristotle, see Rhetoric (Aristotle). Part of a series onRhetoric History Ancient Greece Asianism Atticism Attic orators Calliope Sophists Ancient India Ancient Rome The age of Cicero Second Sophistic Middle Ages Byzantine rhetoric Trivium Renaissance Studia humanitatis Modern period Concepts Captatio benevolentiae Chironomia Decorum Delectare Docere Device Eloquence Eloquentia perfecta Eunoia Enthymeme Facilitas Fallacy Informal Figure of speech Scheme Trope ...