OpenID
OpenID é un sistema de identificación dixital descentralizado, co cal un usuario pode identificarse nunha páxina web a través dunha URL ou dun XRI na versión actual, e pode ser verificado por calquera servidor que soporte o protocolo. CaracterÃsticasNos sitios web que admiten OpenID, os usuarios non teñen que crear unha nova conta de usuario para obter o acceso. No seu lugar, só precisan dispoñer dun identificador creado nun servidor que verifique OpenID, chamado provedor de identidade ou IdP. O provedor de identidade pode confirmar a identificación OpenID do usuario a un sitio que soporte este sistema. A diferenza das arquitecturas Single Sign-On, OpenId non especifica o mecanismo de autenticación. Polo tanto, a seguridade dunha conexión OpenId depende da confianza que teña o cliente OpenID no provedor de identidade. Se non existe confianza no provedor, a autenticación non será adecuada para servizos bancarios ou transaccións de comercio electrónico, aÃnda que o provedor de identidade poida usar un sistema de autenticación forte que o habilite para tales fins. OpenID está gañando forza debido ao anuncio dalgúns sitios grandes, como Technorati de adoptaren este sistema[1]. O software MediaWiki conta cunha extensión para permitir acceso por OpenID,[2] pero polo momento non se usa nos servidores de Wikipedia. HistoriaDesenvolvementoO sistema OpenID desenvolveuno orixinalmente Brad Fitzpatrick de LiveJournal, aÃnda que David Recordon de VeriSign, Josh Hoyt de JanRain e Dick Hardt de Sxip foron posteriores coautores. As novas especificacións de OpenID desenvólveas unha meritocracia fundamentada na lista de distribución do proxecto. Para apoiar a implantación de OpenID, un grupo de empresas anunciou en agosto de 2006 un programa de contribucións de desenvolvemento que lles ofrecÃa 5.000 dólares aos primeiros dez proxectos de software libre que implementasen total compatibilidade con OpenID[3]. A partir da versión 1.1, OpenID utiliza o protocolo de busca de servizos Yadis. En decembro de 2007 viu a luz a versión 2.0 da Autenticación OpenID[4]. TerminoloxÃaUn glosario básico dos termos usados con OpenID:
Como funciona OpenIDUn sitio web, como ExemplosSe, por exemplo, AntÃa quere acceder a Se o identificador é unha URL, a primeira cousa que debe realizar a parte ( Modos de comunicaciónHai dous modos mediante os cales a parte confidente pode comunicarse co provedor de identidade:
A segunda opción é máis popular na Web; tamén pode suceder que un En primeiro lugar, a parte confidente e o provedor (opcionalmente) establecen un segredo compartido, que a parte confidente se encarga de almacenar. Se empregamos O método de autenticación pode variar, mais normalmente un provedor OpenID pide un contrasinal (e entón posiblemente almacena a sesión do usuario usando cookies, tal e como fan moitos sitios con autenticación baseada en contrasinal). En caso de que AntÃa non teña unha sesión activa en Non obstante, o proceso de login non rematou aÃnda porque nesta etapa, Despois de que o identificador de AntÃa fose verificado, ela será considerada rexistrada en Fundación OpenIDA Fundación OpenID, radicada nos Estados Unidos, asà como a súa filial OpenID Europe,[5] creáronse en 2007. É unha organización sen fin de lucro cuxo papel é a organización e o desenvolvemento do framework OpenID para a comunidade e de administrar a súa propiedade intelectual. Identificadores OpenIDA partir da versión 2.0 da autenticación OpenID asà como nalgunhas das implementacións de OpenID 1.1, hai dous tipos de identificadores: URLs e XRIs. URLsHai dous xeitos de obter unha URL OpenId válida que poida ser usada para rexistrarse en tódolos sitios que soporten OpenID.
XRIsOs XRIs son un novo sistema de identificación en Internet, deseñado especificamente para identidades dixitais de dominio cruzado. CaracterÃsticasOs XRIs son de dúas formas i-nomes e i-números que son habitualmente rexistrados simultaneamente como equivalentes. Os I-nomes son reasignables (semellantes a nomes de dominio), namentres que os i-números nunca son reasignados. Cando un i-nome XRI é usado como un identificador OpenID, este é resolto inmediatamente polo i-número equivalente (o elemento CanonicalID dun documento XRDS). Este i-número é o identificador OpenID almacenado pola parte confidente. Deste xeito o usuario e a parte confidente están protexidos contra os cambios de identidade que poderÃan suceder cunha URL fundamentada nun nome DNS reasignable. CrÃticasOpenID recibiu numerosas crÃticas de base relativas a problemas dende distintos ámbitos, pero en especial de seguridade e privacidade. A unificación de tódalas identidades implica altos riscos, amais do feito de que o servidor de identidade coñecerá tódalas webs que se visiten cada dÃa. É máis, se se comprometese a seguridade do ordenador usuario ou do servidor, toda a vida dixital do usuario quedarÃa desprotexida.[6] Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas
|