A privacidade[1] pode ser definida como o ámbito da vida persoal dun individuo, quen se desenvolve nun espazo reservado, o cal debe manterse confidencial. Tamén se aplica á calidade de privado.
O desenvolvemento da sociedade da información e a expansión da informática e das telecomunicacións expón novas ameazas para a privacidade que han de ser afrontadas desde diversos puntos de vista: social, cultural, legal, tecnolóxico etc. Máis cando aumenta por todo o mundo a recolección de datos, tanto por entidades privadas como públicas, e tamén o número de entidades que fan dita recolección e os casos de filtración de datos.[2]
A privacidade consiste nun entendemento colectivo sobre as barreiras e limitacións dunha situación dada e o coñecer o modo no que operar dentro delas.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas