Olegario Sotelo Blanco
Olegario Sotelo Blanco, nado en Quintela (Mazaira, Castro Caldelas) o 8 de setembro de 1945, é un empresario, editor e escritor galego.
Traxectoria
Logo de marchar a Barcelona a principios dos anos sesenta e traballar en múltiples oficios, dedicouse ao sector inmobiliario. Paralelamente á actividade industrial, creou Sotelo Blanco Edicións e a Editorial Ronsel (1993), que publica en lingua castelá. Presidiu o Centro Galego de Barcelona. En 2005 volveu a Galicia.
Como escritor interesouse polo mundo rural galego e os problemas sociais, políticos e psicolóxicos derivados da emigración.
Obra en galego
Ensaio
- A emigración galega en Catalunya, 1991, Sotelo Blanco. Traducido ao castelán como La emigración gallega en Catalunya no mesmo ano e editorial.[1]
- Antropoloxía cultural das Terras de Caldelas. 2 volumes, 1992, Sotelo Blanco.
- Os afiadores: a industria ambulante, 1994, Sotelo Blanco. Traducida ao castelán.[2]
- Xentes do mar do Grove, 2006, Sotelo Blanco.
Narrativa
- Contos de indianos, 1994, Sotelo Blanco. Traducida ao castelán.[3]
- Non houbo queixa e outros contos exemplares, 2001, Sotelo Blanco.
Literatura infanto-xuvenil
- A volta ós mundos de Tucho, 1995, Sotelo Blanco.
Conversas
- Conversas con Xaime Quessada, 1991, Sotelo Blanco.
- A voz do emigrante, 2006, Sotelo Blanco.
Obras colectivas
Obra en castelán
Narrativa
- El viaje de la vida, 1997, Ronsel.
- Un buen final y otros cuentos ejemplares, 2001, Ronsel.
Ensaio
- Castro Caldelas y su comarca, 1981, Sotelo Blanco.
- Justo Molinero: el gran comunicador, 1990, Sotelo Blanco.
- Caldelas: antropología cultural de una comarca gallega, 1993, Ronsel.
- El problema de la vivienda. La pesadilla de encontrar un piso hoy, 1993, Ronsel.
- Perfiles del Guinardó, 2002, Ronsel.
Conversas
- Ochenta y ocho gallegos: una tierra a través de sus gentes, 1983, Sotelo Blanco.
Obras colectivas
- Galicia, pueblo emigrante. ¿Por qué?, 1978, Rase.
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|